Esquerda Unida de Narón apoia a folga educativa contra as Reválidas e anima á cidadanía a participar este vindeiro 26 de outubro

André Abeledo anima aos estudantes, as familias e a cidadanía en xeral a secundar e apoiar a folga.

Abeledo denuncia que manter os exámenes para o día 26 é una medida antifolga, é unha medida de presión que pretende obrigar a que os estudantes acudan as aulas, é unha actitude que debe ser denunciada e condenada por non respectar o dereito lexítimo a folga.

oqom5q4jEsquerda Unida de Narón únese ás demandas do conxunto da comunidade educativa e esixe unha serie de demandas. A primeira é a retirada inmediata do decreto de reválidas, imposto polo goberno en funcións do PP en contra das proias Comunidades Autónomas que o terían que aplicar. A segunda, a reversión dos recortes educativos, que supuxeron o deterioro da educación pública coa expulsión de miles de docentes das súas aulas e, a terceira, a derrogación da LOMCE, que segue a implantarse pese a ter sido rexeitada pola gran maioría da comunidade educativa e polo Congreso dos Deputados, ata en dúas ocasións, nos últimos meses.

Con este apoio, Esquerda Unida de Narón súmase a defensa da loita do estudantado e das familias contra a imposición dun sistema de probas memorísticas, segregadoras, excluíntes e de carácter competitivo, que pretende expulsar a centos de miles de mozas e mozos do sistema educativo sen cualificación e de xeito prematuro, condenándoos a unhas condicións de completa precariedade laboral.

Por último, dende Esquerda Unida de Narón, facemos un chamamento á comunidade educativa en relación á necesidade de unidade de acción nas mobilizacións contra as políticas educativas do PP, tal como está a acontecer por exemplo no sector sanitario, como factor fundamental para a paralización e reversión das mesmas.

Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón

About el comunista (21006 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: