“Primeiro Acto Homenaxe a unha Vida de Militancia” de EU Narón.
Este Xoves 17 de Novembro no Local Social da Gándara ás 21:00 Esquerda Unida de Narón vai celebrar o “Primeiro Acto Homenaxe a unha Vida de Militancia”, este homenaxe pretende ser un recoñecemento aquelas mulleres e homes de Narón que dedican as súas vidas a loitar pola xustiza social, que loitan polos dereitos da clase obreira, que traballan pola igualdade de xénero, e tamén a aqueles camaradas do Partido Comunista que loitaron contra a ditadura, que foron perseguidos, encarcerados, torturados, defendendo a dignidade e a liberdade de todas e todos.
O acto estará presentado polo concelleiro de EU Narón André Abeledo Fernández que fará nunha intervención antes de entregar os homenaxeados unha placa conmemorativa có lema “POR UNHA VIDA DE MILITANCIA” a dous militantes de EU Narón que consideramos merecen sobradamente este recoñecemento polo seu exemplo militante.
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN
Responder