ÚLTIMA HORA:

EU Narón pola retirada da LOMCE

André Abeledo (Portavoz de EU Narón no Concello) presenta ao pleno deste Xoves día 24 unha “Moción pola derrogación do Real Decreto 310/2016 polo que se regulan as avaliacións finais (reválidas) en educación secundaria obrigatoria e bacharelato”

EU Narón reitera así o seu compromiso na loita pola retirada da LOMCE levando o Pleno do Concello unha reivindicación das APAS, dos educadores e do alumnado, unha reivindicación que conta con un apoio maioritario da cidadanía.

EU Narón apoia a folga educativa do 24 de novembro contra as Reválidas e pola derrogación da LOMCE.

escuela-publicaAndré Abeledo expresou o apoio de EU Narón á folga educativa convocada para o vindeiro 24 de novembro para o alumnado de Educación Secundaria e as familias de alumnado en Educación Primaria e Infantil, pola derrogación das Reválidas e a LOMCE, así como a todas as mobilizacións que se producirán ao longo da xornada.

EU Narón mantén o seu irrenunciable compromiso coa educación pública, EU vén desenvolvendo durante os últimos anos unha intensa campaña contra a LOMCE e os recortes educativos, por entender que supoñen un ataque frontal a unha educación pública promotora dun modelo educativo inclusivo, laico e democrático que garanta os dereitos de todos e todas a unha educación de calidade en condicións de igualdade.

derogacion-lomceAndré Abeledo xa denunciou que o anuncio de Rajoy durante o seu discurso de investidura era unha nova burla aos cidadáns.

“Nin se paraliza a LOMCE nin se deixan sen efecto as reválidas.”

O feito de paralizar a aplicación da LOMCE en aqueles aspectos nos que a lei non estea xa en vigor” significa non paralizar nada e tomarnos o pelo a todos, pois a LOMCE está xa completamente en vigor.

Cando o goberno anuncia que “deixa sen efectos académicos as reválidas” ata que bote a andar o pacto educativo, non está facendo máis que cumprir el decreto lei que o propio PP aprobou en xullo pasado e que establecía (tal como tamén fai a propia LOMCE) que durante o curso 2016/17 as reválidas non terían efectos académicos.

Denunciamos que non hai ningunha concesión política despois das recentes mobilizacións da cidadanía, non hai ningún exercicio de sensibilidade social por parte do goberno. O anuncio do goberno non é máis que un truco de feira.

andre-abeledoAs revalidas terán sen dubida efectos académicos. A reválida de bacharelato será, xa durante este curso, a chave para entrar na universidade, para escoller estudos e aspirar a becas.

Dende Esquerda Unida de Narón seguiremos loitando contra a LOMCE por ser unha lei inxusta, unha lei que atenta contra a igualdade de oportunidades porque os máis afectados serán os alumnos e alumnas das clases populares.

EU Narón seguirá traballando tanto dende o concello, como na lexitima protesta na rúa para parar unha lei que non busca cumprir có obxectivo de mellorar o sistema educativo, se non tenta politizalo dende un punto de vista clasista e excluínte.

A moción rexistrada por André Abeledo presenta o pleno municipal a seguinte proposta:

PRIMEIRO. INSTAR o Goberno da Nación en funcións a que derrogue de maneira inmediata o Real Decreto 310/2016 polo que se regulan as avaliacións finais de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

SEGUNDO. INSTAR o Ministro de Educación, Cultura e Deporte en funcións, a que convoque con carácter urxente a Conferencia Sectorial de Educación para tratar a derrogación de devandito Real Decreto, como así lle trasladaron a gran maioría dos Conselleiros de Educación autonómicos.

TERCEIRO. INSTAR ao Conselleiro de Educación de Galicia a que se sume á reivindicación do resto de Conselleiros autonómicos que avogan por un gran acordo das Comunidades Autónomas, rexeitando a proposta de Real Decreto do Goberno e pedindo a derrogación inmediata do mesmo.

CUARTO. DAR TRASLADO do presente acordo ás Asociacións de Pais e Nais dos centros públicos do municipio, así como aos membros do Consello Escolar Municipal.

QUINTO. FACULTAR ao Alcalde-Presidente para a firma de cantos documentos sexan necesarios para a execución do presente acordo.

GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

 

Categorías

Acerca de el comunista (50433 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: