ÚLTIMA HORA:

Moción esixindo a retirada da LOMCE de Esquerda Unida de Narón

Moción esixindo a retirada da LOMCE de Esquerda Unida de Narón.

Defensa da Moción de André Abeledo (Concelleiro de EU Narón)

“As compañeiras e compañeiros de EU Narón participamos hoxe na manifestación pola retirada da LOMCE. A do 24N é unha folga de todas e todos, e o goberno do PP sigue se querer escoitar a estudantes, educadores e pais, unidos nesta loita.

retirada-da-lomce_1Dende EU reiteramos o noso compromiso na loita pola retirada da LOMCE traendo o Pleno do Concello unha reivindicación das APAS, dos educadores e do alumnado, unha reivindicación que conta con un apoio maioritario da cidadanía.

EU Narón mantén o seu irrenunciable compromiso coa educación pública, EU vén desenvolvendo durante os últimos anos unha intensa campaña contra a LOMCE e os recortes educativos, por entender que supoñen un ataque frontal a unha educación pública promotora dun modelo educativo inclusivo, laico e democrático que garanta os dereitos de todos e todas a unha educación de calidade en condicións de igualdade.

Xa denunciamos no seu momento que o anuncio de Rajoy durante o seu discurso de investidura era unha nova burla aos cidadáns.

andre-abeledo“Nin se paraliza a LOMCE nin se deixan sen efecto as reválidas.”

O feito de paralizar a aplicación da LOMCE en aqueles aspectos nos que a lei non estea xa en vigor” significa non paralizar nada e tomarnos o pelo a todos, pois a LOMCE está xa en vigor.

Cando o goberno anuncia que “deixa sen efectos académicos as reválidas” ata que bote a andar o pacto educativo, non está facendo máis que cumprir el decreto lei que o propio PP aprobou en xullo pasado e que establecía (tal como tamén fai a propia LOMCE) que durante o curso 2016/17 as reválidas non terían efectos académicos.

Denunciamos que non hai ningunha concesión política despois das recentes mobilizacións da cidadanía, non hai ningún exercicio de sensibilidade social por parte do goberno. O anuncio do goberno non é máis que un truco de feira.

As revalidas terán sen dubida efectos académicos. A reválida de bacharelato será, xa durante este curso, a chave para entrar na universidade, para escoller estudos e aspirar a becas.

Dende EU Narón seguiremos loitando contra a LOMCE por ser unha lei inxusta, unha lei que atenta contra a igualdade de oportunidades porque os máis afectados serán os alumnos e alumnas das clases populares.

Seguiremos traballando tanto dende o concello, como na lexitima protesta na rúa para parar unha lei que non busca cumprir có obxectivo de mellorar o sistema educativo, se non tenta politizalo dende un punto de vista clasista e excluínte.”

A Moción foi aprobada con 16 votos a favor (1 de EU, 10 de TEGA, 2 do PSOE, 2 do BNG, e 1 de ENE) e 5 en contra do PP.

GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Categorías

Acerca de el comunista (50470 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: