ÚLTIMA HORA:

Los trabajadores y extraballadores VILAMIÑO a quejarse de que la compañía todavía no paga la deuda por su trabajo en Pedroso social local

Traballadores e extraballadores de VILAMIÑO denuncian que a empresa segue sen pagarlles o endebedado polo seu traballo no local social de Pedroso.
O pasado mes de decembro de 2016 André Abeledo reuníase con dous extraballadores da empresa “VILAMIÑO”, dous dos tres traballadores despedidos ata aquel momento, pois agora xa son catro, dita empresa empresa é a encargada da reforma do local social de Pedroso.
Agora os traballadores vólvense a poñer en contacto con Abeledo para denunciar  que a empresa presentou “concurso de acredores” e agora todos os traballadores, os despedidos e os que están traballando seguen sen cobrar.  Os traballadores entenden que dende o Concello o Equipo de Gobernos non fixo nada por eles e están a espera dunha solución que non chega nunca.

Recordamos que nun principio a empresa contratou a cinco traballadores de Narón, aos traballadores comunicóuselles dende o Concello que entre as condicións para acceder a este traballo estaba a de estar apuntados no paro e non estar cobrando o paro en ese momento, ademais aos traballadores dende o concello falóuselles dun contrato de como mínimo oito meses, pero aos cinco meses dos cinco traballadores tres xa estaban despedidos, e fai pouco despediron ao cuarto.

Dende EU Narón entendemos que as empresas deben cumprir cós requisitos, e cos  pregos de condicións para traballar en obra pública en todo momento, e non só no momento da concesión e contratación da mesma.

Dende EU Narón entendemos que calquera empresa supcontratada polo Concello debe como mínimo respectar os dereitos das traballadoras e traballadores, un deses dereitos fundamentais é sen dubida cobrar en tempo e forma, o contrario chamase escravitude, non pode tolerarse que unha empresa que non paga aos seus traballadores e que pretende que sexa o FOGASA  quen có diñeiro de todas e todos sexa quen se faga cargo do pago das súas débedas cós traballadores contrate obra pública, cando ademais estes traballadores que están nunha situación moi complicada precisan cobrar agora e non poden agardar dous anos a que o FOGASA se faga cargo dos seus salarios.

Fora das responsabilidades legais ou penais están as responsabilidades éticas, morais e políticas que o noso entender son as que corresponden o Concello de Narón, entendemos que unha empresa que non respecta os dereitos das traballadoras e traballadores, unha empresa que a pesar de estar cobrando do concello por facer unha obra pública non paga os salarios nin as débedas contraias cós seus traballadores non pode seguir traballado nin contratando obras con ningunha administración pública.

Agardamos que dende o Concello tomen as rendas de xestionar coa empresa que os traballadores e extraballadores contratados para a reforma do local social de Pedroso cobren os cartos que a empresa estalles debendo.

Abeledo

Como indicou André Abeledo:

“As administracións públicas  deben esixir as empresas supcontratadas que cumpran cós requisitos en todo momento, non chega con que presenten a oferta máis barata, teñen que estar en condicións de facer a obra pero tamén de pagar en tempo e forma as traballadoras e traballadores, e de respectar os seus dereitos”.

Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón

Pedroso 1
Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (56909 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: