Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Abeledo propón o Concello de Narón un partido de fútbol solidario coa causa saharauí

André Abeledo propón o Consistorio a celebración dun partido de fútbol solidario entre un equipo formado por concelleiros e alcaldes da comarca, e un equipo formado por saharauís residentes na Galiza, con intención de recadar fondos tanto para o programa “Vacacións en Paz” como para a axuda solidaria aos campamentos.

Abeledo entende que o acontecemento lúdico deportivo debería servir, ademais de para recadar fondos, tamén para visualizar e defender a causa saharauí, así como para animar as familias naronesas a acoller unha nena ou neno saharauí durante o verán.

Dende Esquerda Unida de Narón queremos animar a todas as veciños e veciñas da nosa cidade e da nosa comarca, a todas aquelas persoas interesadas neste acto de xustiza solidaria, a vivir una experiencia única e inesquecible, animamos a dar o paso de acoller unha nena ou neno saharauí durante os dous meses de verán, e a colaborar con Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí).

André Abeledo fai fincapé en que estes dous meses son moi importantes para estas crianzas, pois nos campamentos deben soportar unhas condicións de vida moi complicadas, unhas temperaturas moi altas axuntadas a unha alimentación insuficiente e as dificultades para dispoñer de auga entre outros moitos problemas da vida diaria nos campos de refuxiados do deserto de Alxeria onde o pobo saharauí se ve obrigado a vivir no exilio a causa da ilegal ocupación que Marrocos fai do seu territorio, do seu país a República Árabe Saharauí Democrática.

Dende Esquerda Unida de Narón entendemos que este e un xesto solidario coa causa saharauí, ademais de ser algo moi importante que vai redundar moi positivamente na saúde física e psíquica destas nenas e nenos.

Aquelas persoas que decidan dar este paso solidario poden poñerse en contacto enviando os seus datos por e-mais a asociación:

Ou chamando polas mañas o telefone 986262637, e os responsables do programa “Vacacións en Paz” poñeranse en contacto para informar de en que consiste o proceso de acollida.

Dende Esquerda Unida de Narón agradecemos a axuda de todas e todos a hora de difundir.

André Abeledo tamén informa que “dende EU Narón seguirmos defendendo o dereito do pobo saharauí a autodeterminación, e denunciando a ilegal ocupación do Sáhara por parte de Marrocos”, encamiñado a visualizar a causa saharauí dende EU Narón estamos a traballar nun acto de carácter político en apoio a un Sáhara libre.

 Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón

eu narón1

eu narón

eu narón3

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (60515 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: