ÚLTIMA HORA:

Narón planta un fillo da “ARBORE DE GUERNICA” cando cumprese o 80 aniversario do bombardeo NAZI. (Reportaxe fotográfico)

O Concello de Narón plantou hoxe un retoño da “ARBORE DE GUERNICA” no 80 aniversario do bombardeo NAZI da cidade de Guernica. A arbore foi plantada diante do Pazo da Cultura por ser o edificio máis emblemático da nosa cidade.
Este acto do Concello de Narón contou coas intervencións dun representante da Asociación Cultural Memoria Histórica e Democrática, da presidenta das Xuntas Xerais de Bizkaia, Ana Otadui, e do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco Suárez, e descubriuse  unha placa conmemorativa.
Dende EU Narón recordamos que no més de Abril do 2016 André Abeledo defendeu no Pleno do Concello de Narón a Moción en homenaxe a II República e condenando o golpe militar fascista de 1936, e a represión e o xenocidio ideolóxico que se levou acabo. A Moción foi aprobada co único voto en contra do PP. O Concello de Narón comprometeuse dende entón a traballar aínda con máis forza pola recuperación da Memoria Histórica, e por conseguir xustiza e reparación para as vítimas do fascismo.
Abeledo fai fincapé na frase; “Quen esquece a súa historia está condenado a repetila”, unha frase tan antiga como real de Marco Tulio Cicerón, no Estado Español precisamos  de Memoria Histórica, de xustiza e reparación.
O bombardeo de Guernica:
‘Bombardeo en alfombra’. Os cinco mil veciños de Guernica espertaron o luns 26 de abril de 1937 sen sospeitar que cinco de cada cen non ían a chegar con vida ao final do día. Entre 250 e 300 —o número sigue sendo obxecto de debate: algúns historiadores o elevan a mil— alcanzarían a condición de cadáveres a media tarde a causa dun bombardeo en alfombra, termino loxístico militar que, como todo o linguaxe do belicismo disfrazado de estratexia, oculta baixo un xiro léxico en aparencia técnico un asasinato masivo de civís.
Unha testemuña presencial, o cura Alberto de Onaindía, resumiu o ataque:
“Primeiro unhas bombas para alarmar a poboación. A xente comezou a abandonar as rúas e a esconderse en abrigos, en sótanos e baixo cuberto. Logo ouleadas de bombardeiros con explosivos, seguidos de bombas incendiarias e, por último, avións lixeiros que metrallaban aos desgraciados que pretendía fuxir para salvar as súas vidas.”
A Lexión Kondor alemana e a Aviazione Lexionaria italiana, as dúas unidades atacantes, enviadas por Hitler e Mussolini para cooperar co seu colega ideolóxico Francisco Franco na eliminación de roxos, anarquistas e outros demócratas, quixeron disfrazar a ofensiva como militar pero non houbo nin unha soa ponte ou fábrica bombardeada. O obxectivo era experimental: comprobar o efecto sobre a poboación civil de un bombardeo indiscriminado, ensaiar nova munición incendiaria e probar os cazas e bombardeos nazis e fascistas para o futuro próximo da guerra total que Hitler xa tiña deseñada.
Ao día seguinte do crime colectivo, o pintor Pablo Picasso leu a primeira gran crónica sobre o bombardeo: The tragedy of Guernica (A traxedia de Guernica), publicada en The Times polo reporteiro George Steer, que estaba presente na capital cultural e histórica vasca cando os  Heinkel He 111, Dornier Do 17 e  Savoia S-79 acometeron con saña contra a cidade —as últimas bombas foron arroxadas a cegas porque o fume impedía precisar os obxectivos—.
O periodista usou a seguinte expresión musical para referirse a planificación do ataque —granadas de man para sementar o pánico, bombas pesadas para aumentalo, ametrallamientos para acabar con quen buscaba refuxio e bombas incendiarias para firmar con cinza aquela wagneriana sinfonía de osos e vísceras rebentados—: o “ritmo da morte”.
André Abeledo recalca que foi un bombardeo asasino e covarde contra a poboación civil, non buscaba ningún obxectivo militar, este brutal bombardeo foi parte do xenocidio ideolóxico que asolou o Estado Español.
Abeledo entende que a plantación desta “ARBORE DE GUERNICA” en Narón forma parte da semente de xustiza, reparación, memoria, e esperanza que precisamos para colleitar un futuro de convivencia, esta arbore debe ser un novo símbolo para Narón, todo un referente para a nosa cidade, a nosa comarca, e para a Galiza.
Está  arbore ten que ser un símbolo da UNIDADE POPULAR frente o fascismo.
GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN
IMG-20170317-WA0060
IMG-20170317-WA0047
IMG-20170317-WA0061
IMG-20170317-WA0059
IMG-20170317-WA0053
20170317_215318
20170317_215214
Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (56882 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: