Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Abeledo defende que aínda estamos a tempo de evitar que o saneamento da nosa Ria o paguen só os veciños

André Abeledo defende que aínda se está a tempo de reivindicar que a XUNTA DE GALICIA e o GOBERNO CENTRAL cumpran coa súa obriga de pagar a parte que que nun principio correspondíalle pagar a UE en relación as obras da rede de saneamento da nosa Ría. Posto que aínda non están aprobados os presupostos nin da Xunta de Galicia nin do goberno Central, e estamos en tempo para que poidan incluírse enmendas nos presuposto nese senso.

Abeledo advirte que para que exista está “sensibilidade” na Xunta e en Madrid necesitariamos dunha mobilización política e cidadá forte e decidida que defenda os intereses da nosa veciñanza.

André Abeledo indica que desde o principio dende EU Narón denunciamos a inxustiza que se está a cometer coas veciñas e veciños, ao pretender que sexan eles os que paguen unha obra que está cualificada como de interese xeral, e tamén denunciamos que non é de recibo nin xustificable que os atrasos na súa execución, atrasos que levaron a que UE retirase os fondos que tiña previstos para costeala, atrasos que ademais non son imputables aos Concellos de Narón e Ferrol, vaian agora a supor un castigo para a veciñanza a xeito dun aumento na taxa de saneamento.

ria-de-ferrol1

Abeledo sinala que o PP, como partido de Goberno, partido que é o máximo responsable de ambos presupostos, ten na súa man que contemplen o financiamento desta obra.

Non podemos entender como o señor Juncal, ex-alcalde de Ferrol, e deputado do PP no Congreso  “pola comarca”, se permitise fai uns días atrás nunha rolda de prensa dicir que os presupostos do Estado son os adecuados para as necesidades da nosa comarca. Entendemos que tanto o señor Juncal, como o señor Rey Varela, que forma parte do Goberno da Xunta de Galicia e tamén foi Alcalde de Ferrol, teñen na súa man buscar o xeito de defender os intereses da veciñanza da nosa comarca por enriba dos intereses de partido, dende o PP teñen ademais unha débeda moral e ética polo engano que supuxo á cidadanía unha taxa de depuración por unha depuradora que non depuraba.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

andre-abeledo

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (71104 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: