Anuncios
ÚLTIMA HORA:

MOCIÓN DE EU NARÓN PARA INICIAR OS ESTUDOS NECESARIOS PARA A MUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS PRIVATIZADOS

André Abeledo rexistrou unha Moción para o Pleno do próximo Xoves 27 de Abril “para iniciar os estudos necesarios para a municipalización dos servizos públicos privatizados”. 

Abeledo indica que son moitos os municipios, incluso algúns gobernados polo PP, que están tomando medidas para remunicipalizar algúns servizos públicos xestionados por empresas privadas, nos que estívose antepoñendo o beneficio empresarial a calidade do servizo prestado. 

Apostamos pola xestión directa dos servizos e instalacións públicas municipais e considera que é máis eficiente, máis transparente, máis barata, máis democrática e incluso máis beneficiosa para as veciñas e veciños. Esta modalidade, asegura mellor control e dirección do servizo que se presta, ao eliminar intermediarios e ser o persoal municipal responsable directo da súa calidade e da correcta prestación do mesmo; así como da aplicación de medidas urxentes en caso de ser necesarias. 

Entendemos que en termos xerais, a xestión privada dos nosos servizos públicos en moitos concellos estivo cargada de graves irregularidades relacionadas con incumprimentos constantes das empresas concesionarias, cando non directamente conductas anómalas.

Abeledo indicou que dende EU Narón somos conscientes das dificultades que veñen aparelladas aos procesos de recuperación dos servizos privatizados dado que existen contratos asinados en algunhas ocasións por moitos anos, e que as empresas poden ter realizado inversións para prestalos.

Tamén somos conscientes de que hai diferencias substanciais entre municipalizar cando finaliza a relación coa actual empresa privada que presta o servizo, e outra ben distinta, romper esa relación cando atopase vixente a concesión do servizo, pois neste último caso estaríamos a falar de rescates ou resolucións contractuais que virían acompañadas de importantes indemnizacións as empresas, claro está sempre e cando as empresas estivesen prestando os servizos sen incidencias.

André Abeledo defende que as dificultades non poden servir como escusa para non abordar o debate. As administracións públicas, incluído o Concello de Narón, deben buscar dar a veciñanza a maior calidade dos servizos básicos, baixo os maiores controis, e baixo a premisa da eficacia e da eficiencia. Son necesarios os procedementos de control e de avaliación das políticas públicas, e por elo debe analizar si a prestación dos servizos é a correcta e si os costes económicos responden as necesidades reais.

Por todo o dito entendemos necesario que dende os nosos servizos técnicos e económicos, analícese detidamente cada contrato e valórense as vantaxes e desvantaxes do seu posible remunicipalición así como que se realice un calendario de vencemento dos contratos para poder realizar unha política estratéxica respecto ao modelo de xestión dos nosos servizos públicos.

 A Moción presentada solicita o Pleno o seguintes acordos:

1.     Que dende os servizos técnicos e económicos municipais, realizase un análises pormenorizado do estado de prestación dos servizos públicos privatizados e dese conta dos resultados na Comisión de Vixilancia da Contratación. Dito análises debería, como mínimo, recoller o estado dos servizos prestados, grado de cumprimento das condicións contractuais e as melloras ofertadas; posible sobredimensionamento dos servizos, posibles incumprimentos e as súas consecuencias, inversións realizadas e cuantificación económica así como a incorporación de cláusulas sociais que podan ser aprobadas polo Pleno do nos Concello.

2.     No caso de que se detecten irregularidades nos contratos, se estuden o costes e consecuencias do “rescate” da concesión, a viabilidade da súa remunicipalización e os beneficios.

3.     Que sexan realizados os estudos e traballos técnicos necesarios para asumir a xestión directa dos servizos privatizados en canto conclúan  os contratos ou concesións en vigor.

andre-abeledo

 GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (66304 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: