ÚLTIMA HORA:

Narón e Ferrol non deben resignarse a financiar unha obra de interese xeral, como é o saneamento da nosa Ría

Abeledo fai un chamamento aos Alcaldes de Narón e Ferrol a non resignarse e axuntar forzas para defender os intereses da veciñanza no relativo o financiamento das obras do saneamento.

Abeledo insiste en denunciar que os concellos de Narón e Ferrol van ter que facer fronte a unha débeda inxusta por mor duns atrasos nas obras do saneamento dos que para nada son responsables, unha carga que vai a afectar gravemente os orzamentos municipais de Narón e Ferrol, e que vai supor que os nosos concellos queden lastrados inxustamente, o que significa que uns cartos que deberían dedicarse a outras necesidades propias das obrigas do Concellos, e especialmente políticas sociais, agora deberan dedicarse a pagar unha obra de interese xeral da que en xustiza ten que facerse cargo o Goberno Central.

André Abeledo fai un chamamento aos Alcaldes de Narón e Ferrol a non resignarse a ese aumento no gasto municipal por mor dunha obra que é competencia da Xunta de Galicia e do Goberno Central,  é preciso tratar este asunto e poñer en marcha unha campaña de reivindicación institucional, solicitando tamén o apoio aos grupos parlamentarios en Santiago, e chamando a mobilización cidadán, pasando da retórica electoral a acción na defensa dos intereses da veciñanza.

Abeledo denuncia a inxustiza que supón que a cidadanía, as traballadoras e traballadores, teñan que pagar por este atropelo, (aparte de aumentos en impostos varios…).

edar-600x330

Non sirve o maniqueo argumento de que non hai suficientes cartos nos orzamentos do Goberno Central  e da  Xunta de Galicia, cando sen embargo ambas administracións subvencionan con cantidades millonarias negocios privados sobre infraestruturas públicas, como son a autopista da Atlántico, e outras autopistas na meseta, e inverteron fondos públicos para rescatar aos grandes accionistas dos  bancos, e os usaron para asegurar o beneficio dos grupos financeiros especuladores tanto do estado español como doutros países (con modificación da constitución incluída, cando se se subvenciona dende o estado ás eléctricas e se aproban obras públicas de dubidosa utilidade para dar negocio as grandes construtoras …(en Galicia temos tamén o caso do Gaiás…)

Entendemos que é de xustiza que a XUNTA DE GALICIA e o GOBERNO CENTRAL cumpran coa súa obriga de pagar a parte que que nun principio correspondíalle pagar a UE en relación as obras da rede de saneamento da nosa Ría. Posto que aínda non están aprobados os presupostos nin da Xunta de Galicia nin do goberno Central, e estamos en tempo para que poidan incluírse enmendas nos presuposto nese senso, o Goberno Central e a Xunta de Galicia teñen na súa man que os orzamentos contemplen o financiamento dunha obra de “interese xeral”, como é a do saneamento.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

andre-abeledo

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (58994 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: