Anuncios
ÚLTIMA HORA:

EU NARÓN DENUNCIA A MALA XESTIÓN NO CONTROL DA COUZA GUATEMALTECA. A CRISE DA PATACA

André Abeledo denuncia que dende un principio coa medida da publicación por vía “urxente” do Real Decreto 197/2017, aprobado polo goberno español esta no que se estabelece o programa estatal de control e erradicación da ‘Tacia solanivora’, ou praga guatemalteca da pataca, que afecta 31 concellos da Galiza, entre eles Narón, e que vai a regular a plantación da pataca nas zonas delimitadas pola praga, chegou tarde e a destempo.

Abeledo indica que está non é unha praga nova, que xa leva uns dous anos con nós, e que as medidas xa tiñan que haber sido adoptadas. Ademais a información continua a ser insuficiente e non se fixo un verdadeiro traballo de divulgación e concienciación. 

André Abeledo denuncia que unha vez máis dende a administración tómanse as medidas no peor momento, por mor da falta de empatía có labrego e o desinterese ou descoñecemento de cales son os tempos no ciclo da plantación da pataca, unha vez máis serán as labregas e labregos os máis prexudicados pola mala xestión das administracións no control desta praga.

Unha parte das labregas e labregos do noso municipio xa tiñan ou ben a pataca plantada, ou mercaron a semente.

André Abeledo indica que as indemnizacións previstas parecen insuficientes para pagarlle os labregos o gasto fito e o traballo realizado, ben sexa nas plantacións para autoconsumo como para comercialización a pequena escala.

Abeledo entende que seguramente estás medidas son necesarias, que sen dubida temos que dar unha resposta a praga, e que polo que sabemos entre outras cousas na rotación de cultivos pode estar a solución a praga da “Couza Guatemalteca”, pero debemos denunciar que a administración debe preocuparse máis polas persoas a hora de medir os prazos burocráticos, e dar moita máis información en tempo e forma.

Entendemos que debese evitar a extensión desta praga a novas zonas do territorio galego. Pero que as medidas de erradicación da praga deben engadirse medidas para a posta en marcha dunha liña de axudas para todas as persoas afectadas, tanto profesionais do sector produtor e comercializador, como as que define como produtores non profesionais.

Comprendemos o malestar da veciñanza cunha medida tomada no peor momento e demasiado tarde, e non creemos que as multas sexan a ferramenta adecuada para concienciar a unha cidadania desinformada.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

Abeledo

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (65726 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: