Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Abeledo mantivo reunión con labregos da comarca. EU Narón

André Abeledo mantivo unha reunión cun grupo de labregos da comarca na oficina do Grupo Municipal de EU no Concello de Narón.

O motivo da reunión era explicarlle a Abeledo a problemática que están a vivir coas desfeitas dos xabaríns nas súas colleitas.

Os labregos manterán unha reunión este venres día 9 co responsable de fauna cinexética dependente da Consellería de Medioambiente.

O colectivo transmitíronlle a necesidade de que a Xunta poña os medios necesarios.

Abeledo saca a conclusión de que o colectivo entende a necesidade de que o xabarín e outras especies da nosa flora e fauna autóctona estean protexidas, pero tamén que se protexa o seu medio de vida. É moi difícil e da moito traballo sacar adiante unha explotación, ademais o sector primario é fundamental para que o noso país dispoña de soberanía alimentaría.

Entenden que é preciso facer un control da especie para evitar o excedente de poboación. Abeledo indicou que existen estudos que defenden que a castración pode ser un bo método, posto que o xabarín responde a caza reproducíndose máis veces como xeito de asegurar a especie.

Tamén entendemos como moi importante, como parte fundamental, a necesidade da limpeza das zonas forestais e sobre todo das fincas agrícolas abandonadas, entendemos que esta medida evitaría a maior parte destes ataques, poi o xabarín non chegaría tan cerca das fincas sementadas.

O colectivo esta barallando constituírse nunha plataforma para defender o seu pan, e quixeron deixar moi claro que non queren axudas nin indemnizacións o que buscan e esixen son solucións.

Solicitarán tamén ser recibidos pola Ministra do Medio Rural e pola Consellería de Medio Ambiente.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

20170608_18401620170608_18402320170608_184041

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (69490 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: