Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Total apoio de EU ao veciño de Narón e histórico sindicalista Xesús Anxo López Pintos.

Dende o Grupo Municipal de EU Narón queremos manifestar todo o noso apoio e solidariedade o veciño de Narón e sindicalista exemplar Xesús Anxo López Pintos.

André Abeledo manifestou o seu total apoio ao compañeiro Pintos. Non é de recibo que o noso compañeiro poida entrar na cadea por participar nunha protesta unitaria onde estabamos todas e todos aqueles que defendíamos o futuro da comarca de Ferrolterra. Naquela protesta estaban representados sindicatos, comités de empresa, partidos políticos, etc.

Pintos non pode ser a “cabeza de turco” que meta o medo no corpo as traballadoras e traballadores que queiran facer uso a lexítima protesta na rúa.

Entendemos que é necesario que toda a esquerda arroupe a un histórico representante das traballadoras e traballadores despois de que o xulgado de Instrución número 3 de Ferrol abriu xuízo oral contra Xesús Anxo López Pintos. A raíz da acción de lexitima protesta levada acabo en outubro do  2012 ante o Hotel Almirante nunha concentración en defensa da comarca de Ferrolterra e denunciando as políticas do PP. A Fiscalía lle atribúe entendemos que inxustamente a Pintos un delito de atentado e unha falta por coaccións e pide dous anos de cadea.

Temos que dar a batalla ao lado do noso compañeiro unha vez que o órgano xudicial declara competente para a causa a Audiencia Provincial de A Coruña. Temos que defendelo cando a acusación particular reclama nada máis e nada menos que tres anos de prisión para un sindicalista, para un traballador, para un representante da clase obreira.

O compañeiro Pintos denunciou entón que tiña sufrido agresións físicas e contra a integridade moral, pero a “lei mordaza” deixa claro entre outras moitas medidas de represión que a palabra de unha traballadora, de cen traballadores, de mil, non vale nada.

andre-abeledo

 

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (70783 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: