Anuncios
ÚLTIMA HORA:

ABELEDO ACOMPAÑARÁ AOS REPRESENTANTES DA AA.VV DE CASTRO O PARLAMENTO GALEGO, ONDE EN MAREA PREGUNTARÁ SOBRE A LEGALIDADE DA CEMENTEIRA DE CASTRO

A deputada de En Marea Eva Solla será a encargada de facer as preguntas sobre a legalidade da cementeira de Castro no Parlamento Galego o próximo mércores día 21 de Xuño.

André Abeledo transmitiu no mes de Abril a En Marea a necesidade de que a Xunta se manifeste sobre a legalidade da cementeira de Castro, logo de que Abeledo se reunise unha vez mais cos representantes da AA.VV de Castro.

Eva Solla fará as seguintes Preguntas no Parlamento Galego:

–         Ten pensado a Xunta de Galicia levar a cabo algunha medida para dar cumprimento da sentenza?

–         Ten pensando a Xunta de Galicia tomar algunha medida respecto das responsabilidades política derivadas da autorización?

–         Contempla a Xunta achegar un axuda económica para recuperar a parcela e a fonte catalogada denominada “Fonte Santa” para fins sociais e deportivos?

–         Que valoración fai a Xunta de Galicia da Sentenza?

 Abeledo continua defendendo que a lei ten que ser igual para todos para poder ser realmente xustiza. A Xunta de Galicia non pode dar a calada por resposta, nin pode mirar para outro lado no relativo a licencia medioambiental que depende directamente da consellaría.

Recordamos que no ano 2013 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimaba o recurso interposto pola Asociación de Veciños-Os Cruceiros sobre a ilegalidade na instalación e funcionamento da cementeira de Narón, sentenza que veu a ratificar o propio Tribunal Supremo en 2015, deixando sen efecto a autorización ambiental outorgada no seu día polo departamento da Xunta de Galicia.

O proceso xudicial foi iniciado pola Asociación de Veciños, ante o silencio administrativo da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental que outorgara autorización ambiental integrada e formulara declaración de impacto ambiental respecto das instalación, almacenamento e expedición de cemento proxectada pola empresa cementeira en Castro.

Ditas sentenzas, traen conta dunha loita por parte da Asociación de veciños, que levou a que xa no ano 2009 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se pronunciase en contra da aprobación do Plan de Sectorización por parte da Administración local e que veu a substituír o uso residencial da zona por un uso industrial exclusivo considerando, o TSXG no 2009 e o Tribunal Supremo no 2012, unha vulneración do principio de xerarquía normativa ao pretender modificar un Plan Xeral cun Plan de Sectorización.

Con todo, a día de hoxe, dita empresa está en funcionamento de xeito ilegal e non temos constancia de que a Xunta levase a cabo rectificación da decisión tomada no seu día, restaurado o dano feito en cumprimento da legalidade.

CEMENTEIRA NARON

CEMENTEIRA NARON P.E

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

 

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (62155 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: