Anuncios
ÚLTIMA HORA:

EU Narón traballa pola presentación nos Concellos dunha moción en apoio a Xesús Anxo López Pintos e contra a aplicación da “lei mordaza”

EU Narón amosa o seu total apoio ao veciño de Narón Xesús Anxo López Pintos.

Dende o Grupo Municipal de EU Narón queremos manifestar todo o noso apoio e solidariedade o veciño de Narón e sindicalista Xesús Anxo López Pintos.

André Abeledo manifestou o seu total apoio ao compañeiro Pintos. Non é de recibo que o noso compañeiro poida entrar na cadea por participar nunha protesta unitaria onde estabamos todas e todos aqueles que defendíamos o futuro da comarca de Ferrolterra. Naquela protesta estaban representados sindicatos, comités de empresa, partidos políticos, etc. A consigna debería ser ou todos ou ningún.

Pintos non pode ser a “cabeza de turco” que meta o medo no corpo as traballadoras e traballadores que queiran facer uso a lexítima protesta na rúa.

Abeledo fai fincapé en que o xuízo contra Pintos é un xuízo contra a clase traballadora máis consciente, e supón a aplicación máis desapiadada da inxusta “lei mordaza”. Dende a esquerda a idea de que as traballadoras e traballadores poidan pagar con cadea a súa participación en protestas é inadmisible.

Dende EU Narón é a nosa obriga como organización de esquerdas, formada por traballadoras e traballadores defender a este loitador incansable.

É a nosa obriga denunciar que a actual lexislación deixa en total indefensión a todas e todos os que protestan na rúa, nas redes, e a todos os niveles, por defender os dereitos e os intereses da clase obreira.

André Abeledo fai un chamamento a todas as organizacións de esquerdas e a toda a sociedade civil a que condenen este xuízo político. Facemos un chamamento a mobilización en defensa do dereito da cidadanía a protestar. Facemos un chamamento a arroupar a Xesús Anxo López Pintos.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (62275 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: