Anuncios

EU Narón contra o peche por sorpresa e “sen diálogo” de tres colexios, nas Pontes, O Porriño e Outes

Un día antes de comezar as vacacións escolares a Xunta golpeou ao profesorado e ás familias de varios centros educativos anunciándolles sen previo aviso o peche de varios centros educativos. Así, a Consellería de Educación anunciou á dirección do CEIP Emilio Navasqüés en Cruceiro de Ro (Outes), á do CPI Monte Caxado (As Pontes) e á do CPI da Ribeira (O Porriño) que xa non abrirán as portas cando en setembro o alumnado regrese ás aulas. Ao tempo, a Administración anunciou tamén que elimina a oferta educativa da ESO no CPI Tomás de Lemos de Ribadavia e que suprime dez postos docentes no IES de Celanova.

No Pleno do Concello de Narón do pasado 29 de Xuño todos os Grupos Municipais excepto o PP, presentaban conxuntamente unha Moción contra o peche do CPI Monte Caxado (As Pontes), e en apoio á comunidade educativa do centro.

Dita moción foi aprobada por 16 votos a favor (EU, TEGA, BNG, PSOE, ENE) e 5 en contra (PP).

André Abeledo, Voceiro de EU Narón fixo a seguinte intervención durante o Pleno:

“Señores do PP. Trátase de abrir escolas e non de pechalas. Dende EU entendemos que a educación non pode medirse en termos económicos. Abrir escolas sempre é rentable. Baixar os ratios de alumnos por aula sempre é rentable. Escoitar as AMPAS e a comunidade educativa é unha obriga de calquera goberno responsable”.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

About el comunista (82660 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: