Anuncios
ÚLTIMA HORA:

É preciso retomar o proxecto educativo para escola rural presentado polos veciños de Sedes para salvar o rural galego

No pasado mes de Xuño do 2016 EU Narón xunto cós partidos que forman o Grupo de Goberno levaron a Pleno unha Moción para a posta en marcha na escola de Sedes dun “proxecto experimental de desenvolvemento educativo integral no rural”.

A día de hoxe non houbo avances significativos na posta en marcha deste necesario proxecto, por isto dende EU Narón pediremos aos grupos que presentaron a Moción xunto con nós a creación dunha mesa de traballo.

Abeledo recorda que en setembro as escolas do rural galego volveran a atoparse en perigo de peche por falta de alumnado. Ningunha escola debe pechar, e preciso manter as escolar abertas e baixar os ratios de alumnos por aula para mellorar a calidade do ensino, e preciso que as escolas continúen abertas no rural para que non morra.

AGE e PSOE a petición dos Grupos Municipais de EU e PSOE de Narón levaron esta iniciativa tamén o parlamento galego en Marzo de 2016.

Defendemos a integración da etapa infantil de 0 a 3 anos no sistema educativo superando o enfoque asistencial vixente na actualidade. De feito este foi o espírito da LOGSE aprobada nos anos 90, mais nunca levado adiante.

O Concello de Narón con preto de corenta mil habitantes, dos que máis ou menos trinta e dous mil están asentados en zona urbana, dispón de tan só 328 prazas de escola infantil de 0 a 3 anos, o que supón unha proporción de unha praza infantil por cada mil habitantes desa zona .

O caso das case oito mil persoas que habitan no rural é polo tanto máis grave, pois non contan con ningunha prazas nunha escola infantil de 0 a 3 anos. Se ben é verdade, que as familias de zona rural tamén poden utilizar as escolas situadas no casco urbano, tamén resulta evidente que a facilidade de acceso por proximidade provoca un uso maioritario das familias residentes na zona urbana. Non debemos esquecer que na actualidade as familias de Doso, Pedroso, Sedes, Val, Trasancos, e outros lugares da contorna, están a máis de cinco e ata nove quilómetros das escolas infantís municipais existentes.

É preciso retomar o traballo sobre a moción aprobada en Pleno en xuño de 2016 onde os Grupos Municipais de EU, TEGA, PSOE, e BNG defendiamos a necesidade de poñer en marcha de xeito experimental, unha experiencia educativa integradora, que permita establecer nunha escola como a de Sedes, na que existen os espazos necesarios, as aulas e recursos da etapa de 0 a 3.

Deste xeito acadaríanse tres obxectivos fundamentais para o rural de Narón:

1- Dar unha resposta ás necesidades de conciliación familiar e laboral das familias das parroquias do rural de Narón.

 2- Dar continuidade ó alumnado matriculado na Escola de Sedes, fixando poboación escolar no centro e favorecendo o asentamento de parellas con fillos na zona.

3- Por en marcha un proxecto piloto que permita avaliar e comprobar a viabilidade de iniciativas deste tipo, coa idea de que podan ser extrapoladas a outros concellos do país , con necesidades semellantes.

O proxecto educativo para escola rural presentado polos veciños de Sedes é necesario para salvar o rural galego.

André Abeledo denuncia que o Partido Popular continua na súa ofensiva contra o ensino público, especialmente no medio rural. “Algo que non responde a un modelo pedagóxico de mellora da educación e a sociedade, si non a tentar aforrar na educación pública e potenciar a privada.”

O modelo de EU Narón é o de potenciar a escola pública, e a escola rural en particular.

“Entendemos que sen un sistema educativo público no rural, Galicia non ten futuro, o PP castiga o rural e afonda no seu desmantelamento”.

En definitiva dende EU Narón defendemos a continuidade da función educativa das escolas rurais, coa implantación do ciclo de cero a tres anos de Educación Infantil, que ata agora ven facéndose en dispositivos separados.

Moción Escola Sedes(1)(1)

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (69605 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: