Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Que o xabaril teña que buscar comida na zona urbana non é unha anécdota, é un síntoma da enfermidade do agro galego

Outro episodio dun xabaril “paseando” por pleno centro urbano sorprendía a cidadanía. Nesta ocasión foi en Ultramar, pero xa tiñan dado os seus paseos pola Gándara, por Piñeiros, cruzando a autovía, ou facendo camiñada pola carreteira de Castela. O xabaril cada vez achegase a “territorio humano”. Realmente este episodio que antes era unha anécdota xa non o é, o que para algúns pode ser algo case divertido é algo realmente grave.

André Abeledo sinala que o xabaril é un animal salvaxe que tenta sempre fuxir do ser humano, e só en moi raras ocasións achegase a centros urbanos, normalmente o fai por fame, no caso que no seu entorno natural non sexa capaz de alimentarse.  A outra razón podería ser que unha parte deste xabaril salvaxe xa non fose tal, e que agora algúns fosen porcos domestico no monte. Pero do que non queda dubida e de que algo esta acontecendo, e de que a Xunta de Galicia ten a obriga facer un estudo serio.

O feito de que o xabaril vexase obrigado a pasearse buscando comida polo centro urbano, cruzando autovías e carreteiras, é un perigo para a seguridade viaria.

Ademais a crecente poboación de xabaril esta a producir abundantes danos nos cultivos agrícolas dos nosos concellos, que supoñen perdas económicas para moitas persoas, tanto profesionais coma en producións para autoconsumo.

O colectivo de labregos de Narón mantivo unha reunión o día 9 de xuño có responsable da fauna cinexética dependente da Consellería de Medioambiente, que durante a reunión chegou a preguntar aos labregos cal era a poboación de xabaril na zona, como si fosen os labregos os responsables de contalos. Isto significa que a administración non conta con datos “reais” nin estudos sobre este incremento de poboación.

Por todo isto o pasado 27 de Xullo Abeledo defendeu unha moción no Pleno solicitando a Xunta de Galicia a elaboración dun plan “real” para dar resposta aos problemas derivados do aumento da poboación do xabaril na nosa comarca, foi aprobada por 16 votos a favor (EU, TEGA, PSOE, BNG, ENE), e 5 abstencións do (PP).

No caso do colectivo de labregos en Narón, entenden a necesidade de que o xabaril e as outras especies da nosa fauna autóctona estean protexidas, pero tamén que se protexa o seu medio de vida.

André Abeledo indica que entendemos que a diminución da superficie agraria, o abandono do rural, o incremento da superficie de plantación de eucaliptos, a falla dunha política real orientada a loitar polo rural están a provocar que o xabaril se converta nun grave problema para as veciñas e veciños.

Precisamos de que o Goberno galego impulse medidas reais para dar solución a corto prazo compensando polos danos ocasionados polo xabaril, e a medio e longo prazo, controlando a poboación da especie e traballando por recuperar o equilibrio no monte galego.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (69459 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: