Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Celebramos a sentenza que mellora as condicións laborais no sector da axuda domiciliaria a dependentes que xestiona EULEN en Narón. EU NARÓN

Dende EU Narón aplaudimos a sentenza que mellora as condicións laborais no sector da axuda domiciliaria a dependentes xestionada por EULEN en Narón. A resolución xudicial obriga á empresa EULEN, concesionaria deste servizo en Narón, a actualizar os salarios do persoal, conxelados desde o 2013.

Abeledo indica que saudamos a sentenza por ser unha vitoria das traballadoras e traballadores, pero tamén criticamos ao Goberno de Narón por permitir que a empresa incumprise as obrigas laborais, posto que entendemos que o Concello debe vixiar e controlar que as empresas concesionarias respecten os pregos de condicións e os dereitos dos traballadores.

images

Algo que xa denunciou Abeledo no caso dos traballadores e extraballadores de VILAMIÑO, empresa que traballaba no proxecto do local social de Pedroso, e que non pagaba en tempo e forma aos traballadores, nin sequera os despedidos.

Ou cando defendemos que dende o Concello de Narón debíamos apoiar ás traballadoras e traballadores da empresa mixta de augas de Narón (COSMA), despois de que as negociacións para a sinatura do convenio colectivo quedasen rotas.Dende o consistorio deberíamos facernos responsables da defensa dos dereitos das traballadores e traballadores que manteñen calquera tipo de relación laboral ligada ao Concello de Narón.

André Abeledo defende a necesidade de mellorar dun xeito substancial as condicións laborais no servizo de atención domiciliaria (SAD) de Galicia, sector no que a maior parte do persoal son mulleres.

Abeledo denuncia que este problema non é só de EULEN, senón en xeral do sector de axuda a domicilio, nin se respectan os convenios, nin as xornadas, nin os dereitos das traballadoras, que realizan este duro e estresante traballo por salarios miserentos e en condicións moi precarias e penosas.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (65914 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: