Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Novo ataque contra o dereito a folga. Hoxe en El Prat, ¿mañá?

Atopámonos a supostos xornalistas cuestionando ó dereito á folga, os mesmos mamporreros do poder que atacaban aos estibadores agora din que a folga no aeroporto de El Prat é ilegal.

André Abeledo Fernández*

Cheira a século XIX. Ao meu entender o ilegal debería ser que o Estado utilice funcionarios para  rebentar folgas.

Que envíen a Garda Civil a rebentar unha folga é unha deferencia cara a EULEN, a empresa a quen o Estado deulle unha concesión sobre un servizo que debería ser público.

Porque non é tan solo vital que funcione un aeroporto, ademais como recoñeceu o propio ministro estamos en alerta 4 de seguridade, en alerta contra ataques terroristas, o que significa que uns traballadores pouco máis que mil euristas, con planteis insuficientes e traballando baixo mínimos, teñen que poñer en risco a súa vida para velar pola vida de todos os usuarios do aeroporto. E deben realizar este importante traballo por un salario miserable e nunhas condicións precarias.

As mesmas asociacións de gardas civís, lamentan que se acuda a eles para solucionar o conflito, facendo uso de funcionarios públicos carentes de dereitos fundamentais despois do “erro” de privatizar o servizo.

Tamén os sindicatos afirman que o Goberno está atentando “gravemente” contra o dereito á folga.

Ata agora aos “esquirois” ou “rompefolgas” os contrataba a empresa a quen lle fan a folga, nunha actuación clara contra o dereito a folga. Pero agora o Goberno dá un paso máis ao pretender obrigar a traballadores públicos a rebentar folgas en empresas privadas.

Recordar que e Goberno apoiase nun decreto preconstitucional para intervir no conflito de El Prat.

Aínda que está recollido na Constitución, o dereito fundamental a folga segue desenrolado principalmente por unha norma de 1977, unha norma obsoleta que permite que un Goberno anti obreiro poida cuestionar ou poñer en xaque un dereito fundamental da clase traballadora, un dereito Constitucional.

A loita da clase obreira debe continuar. Grazas pola vosa loita compañeiros, é a loita de todos.

Concelleiro de Esquerda Unida de Narón, militante comunista e sindicalista organizado na CIG.

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (68317 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: