Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Despedida aos nenos e nenas saharauís en Narón

Despedida aos nenos e nenas saharauís en Narón.

André Abeledo participou na despedida aos nenos e nenas saharauis que pasaron o verán no noso Concello através do programa “Vacacións en Paz”.

Abeledo aplaude o esforzo solidario das familias acolledoras, posto que as familias son a peza fundamental deste programa solidario co pobo saharauí e coa súa infancia.

Tamén agradece o incansábel esforzo dos voluntarios de SOGASH por manter vivo un programa necesario para as nenas e nenos que sobreviven nos campamentos nunha situación difícil e precaria.

Unha situación que se agrava nos meses de verán por mor das altas temperaturas que teñen que soportar.

Pero tamén debemos denunciar unha e outra vez que a ilegal ocupación do Sáhara por parte do exercito de Marrocos provoca este drama humano. E volver a lembrar que o Estado español ten unha responsabilidade histórica para có pobo saharauí, posto que no momento da ocupación era territorio español.

As compañeiras e compañeiros de EU Narón apoiamos o dereito do pobo saharauí a recuperar a súa independencia e denunciamos a ilegal ocupación marroquí do Sáhara Occidental.

O próximo 22 de Setembro EU Narón organizará un acto solidario co pobo saharauí. Un acto onde se falará sobre a historia da ocupación ilegal do Sahara por parte do exercicio marroquí, así como do papel xogado polo Estado español.

Tamén falaremos  da actualidade do conflicto e da situación do pobo saharauí tanto no Sahara Occidental como nos campamentos.

Contaremos coa presenza dun representante  do pobo Saharauí, así como de Xavier Ron e o noso concelleiro André Abeledo.

Debemos tentar facer chegar a cidadania a realidade do conflicto, e esixir ao goberno de España que cese dunha vez a súa irresponsabilidade.

O estado Español como potencia administradora debe deixar de mirar cara outro lado e exercer en dereito o seu deber de esixir o cumprimento da lei para co pobo saharauí.

Non máis abusos é torturas, esiximos a retirada das forzas de ocupación marroquís do Sahara Occidental, así como a inmediata posta en liberdade de todos os presos políticos.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (66743 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: