Anuncios
ÚLTIMA HORA:

CATALUNYA, ¿IMPOÑER A LEGALIDADE OU A RAZÓN?

As camadas a “defender a legalidade” en Catalunya contra o “desafío separatista”, son algo máis que curiosas, rozan un ridículo perigoso, porque mesturan en doses moi elevadas o máis rancio do nacionalismo español co máis hipócrita do oportunismo político.

É como si a “España, unha, grande e libre” volvese aos “ruedos” en branco e negro en pleno 2017.

Algúns piden sacar os tanques “pacificamente” as rúas para evitar un violento referéndum.

Algunhas chegan a falar de espadas, como na reconquista ou nas Cruzadas, para combater as pérfidas urnas.

A Garda Civil vixía perigosas imprentas onde se poderían imprimir papeletas para votar violentamente. E centos de policías ofrécense voluntarios en todo o Estado español para desactivar perigosas “urnas ilegais”.

Tertulianos con a vena do pescozo inchada denuncian a ilegal consulta e  quéixanse da existencia dos independentistas, os independentistas son agora auténticos ditadores, que aínda sendo segundo a opinión dos tertulianos moi poucos, conseguen enganarnos a todos e gobernar en Catalunya.

Denuncian tamén o violento proceder dos secesionistas que chegan ao punto de falar catalán para que non se lles entenda.

E cometen impunemente sacrilexios como pitar o himno español no fútbol, ou incluso berrar e pitar a sacrosanta figura do Rei de España e a la moi democrática institución monárquica, a familia Real, que non se somete a referéndums nin bobadas, nin poñen o seu futuro en mans da lotería das urnas, que por iso os escolleu Deus e Franco para poñerse a cabeza do Estado.

O “se rompe España” volve a ocupar un espazo central nos medios, deixando en segundo plano o seu outro tema preferido, Venezuela.

Repiten dende o Goberno de Madrid que actuarán con dureza contra os que intenten romper a legalidade. Pero tranquilos corruptos de España que solo se refiren a Catalunya e aos malísimos independentistas.

Eu sigo pensando que nin o dereito a decidir, nin o dereito a autodeterminación son un perigo nin un problema, para min o problema é converter o Estado nunha cadea de pobos co perigo que iso supón para a convivencia.

André Abeledo Fernández (Concelleiro de Esquerda unida de Narón, militante comunista e sindicalista organizado na CIG).

catalunya

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (71138 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: