Anuncios
ÚLTIMA HORA:

UN BERRO CONTRA O XENOCIDIO EN BIRMANIA.

Birmania é un país de maioría budista onde o goberno está levando a cabo un xenocidio brutal contra a minoría musulmá.

Nenos queimados vivos, persoas descortizadas, brutais asasinatos en masa, as imaxes amosan unha orxía de sangue e horror.

Pero como ocorreu en Ruanda non parecen importar o suficiente, nin as brutais torturas, nin os asasinatos de homes, mulleres e nenos por motivos étnicos e relixiosos.

¿Onde está agora a comunidade internacional?, ¿e os medios de comunicación?.

Supoño que seguen entre Venezuela e Corea do Norte.

“Operación de limpeza”, é o nome con o que o goberno de Birmania bautizou os ataques contra a minoría musulmá.

A ONU e outras organizacións denuncian asasinatos, saqueos e violacións contra civís, uns 74.000 rohinyás fuxiron a Bangladesh. Pero o mundo cala.

Os rohinyás son exterminados hoxe en Birmania pero a noticia non é o suficientemente importante a ollos da “comunidade internacional”, nin ocupa un lugar destacado nos medios de comunicación.

Os rohinyás, son a minoría musulmá en Birmania, e tamén son desde fai anos, obxecto de persecución oficial en Birmania.

As autoridades do país non os recoñecen como cidadáns e os consideran inmigrantes bengalís; os confinan en guetos e faise a ‘vista gorda’ diante das matanzas as que son sometidos, cando non as promoven.

Ante o vergoñento silencio, un silencio que cando se produce diante dun xenocidio sempre é cómplice. Ante a inacción absoluta dos gobernos do mundo máis ocupados nas súas cousas.

Debemos berrar, debemos indignarnos, debemos denunciar que unha vez máis o xenocidio dunha minoría faise impunemente e convertese en invisible aos ollos do mal chamado mundo civilizado.

André Abeledo Fernández (Concelleiro de Esquerda unida de Narón, militante comunista e sindicalista organizado na CIG).

birmania

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (71201 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: