O SAHARA UN CONFLITO ESQUECIDO. EU NARÓN

Maite Isla, presidenta da Asociación Solidariedade co Pobo Saharauí e presidenta de SOGAPS, participará no acto xunto cunha delegación.

Maite Isla, presidenta da Asociación Solidariedade co Pobo Saharauí e presidenta de SOGAPS, participará tamén no acto de EU Narón do día 22 de Setembro no local da Asociación de Veciños de A Gándara, xunto cunha delegación.

A asociación fará un chamamento as familias e aos cooperantes da provincia de A Coruña, para que participen neste acto que pretende visualizar o conflito no Sáhara Occidental e a situación que vive o pobo saharauí nos campamentos.

Así mesmo amosou o seu apoio e agradecemento a EU Narón pola presentación no pleno deste mes de Setembro dunha Moción en solidariedade coa loita do pobo saharauí.

EU Narón organiza unha charla conferencia  para o próximo Venres día 22 as 20:15 no local da Asociación de Veciños de A Gándara, baixo o título «O SAHARA UN CONFLITO ESQUECIDO».

O acto contará como poñentes con André Abeledo, Concelleiro e Voceiro de EU NARÓN, Xabier Ron, responsable de Elaboración Programática de Esquerda Unida. Ex deputado de AGE e Investigador,  e Mehdane Hocine Hassan , un cidadá saharauí que acaba de chegar dos campamentos de Tinduf. 

Por outra banda André Abeledo defenderá unha Moción no Pleno de Setembro por un “Narón solidario có pobo saharauí”, na que pedirá ao consistorio o seu apoio os seguintes acordos: 1)     O Concello de Narón establecerá un marco de financiación estable estimando unha contía para cada neno e nena que veña a Narón dentro do programa de solidariedade Vacacións en Paz. A financiación debe considerar os gastos de desprazamento en avión que son, normalmente, os que máis problemas ocasionan a SOGAPS, por solicitar a compañía de avión o pagamento por anticipado.

 2)      Manter un encontro institucional co novo Delegado Saharauí en Galicia para tratar a situación actual do pobo saharauí e para debater sobre o novo marco de financiamento que se propón desde o Concello de Narón. Dito encontro será aberto a membros de SOGAPS.

 3)      Denunciar a sentenza ao Grupo de Gdeim Izik e solicitar ao goberno do Estado que se interese ante o seu homólogo marroquí e reclame a liberación destes 24 presos políticos que o único que fixeron foi defender o dereito de autodeterminación do Sahara Occidental de forma non violenta, de acordo ao establecido pola Nacións Unidas, a Unión Africana e diversos organismos internacionais.

 4)     Solicitar que se manteña, ata que se celebre o Referendum de Autodeterminación, a consideración española dos Saharauís para que non teñan atrancos no seu desexo de asentarse no Estado español, e que, no seu defecto, se lles conceda asilo para evitar a súa deportación. En todo caso, lémbrase a obriga de respectar a lexislación internacional e se un menor solicita asilo non pode ser tratado coma un adulto.

5)     Informar dos puntos tratados e dos acordos ao novo delegado saharauí en Galicia, Saad el Mami, e darase traslado desta moción ao goberno do estado.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

TEXTO-MOCIÓN-NARÓN

About el comunista (69057 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: