Anuncios
ÚLTIMA HORA:

1.O, o día da infamia para Catalunya, o día da vergoña para España

Na madrugada do sábado expresaba o meu desexo de que o pobo puidese expresarse libremente en Catalunya, todas e todos, os do SI e os do NON. Sen violencia nin represión, pero un Goberno español que actúa como unha ditadura o impediu.

André Abeledo Fernández*

*Concelleiro de EU Narón, militante comunista e sindicalista.

A violencia desatada polo Goberno do Estado converteu o domingo en pesadelo.

Como sempre, estou cós pobos do mundo, estou có pobo catalán e o seu lexitimo dereito a decidir.

Grazas ao referéndum catalán podemos ver o verdadeiro inimigo dos pobos do Estado español. O fascismo saíu a rúa sen careta de gaivota, defendendo a sacrosanta unidade de España, facendo o saúdo fascista, coas súas bandeiras e os seus símbolos, cantando o “Cara al Sol” e con escolta policial, pero sen que ninguén actúe nin os acuse de apoloxía do fascismo. Son compañeiros.

A Casa Real atreveuse a saír na súa conta de twitter dando leccións de democracia. Eles, que nunca viron unha urna, que teñen a lexitimidade dada polo ditador que lles deixou en herdanza a xefatura do Estado. ¿E a vosoutros quen vos votou?, habería que preguntarlles.

Asistimos sen que ninguén mova un dedo para impedilo, ao vergoñento espectáculo de como o saúdo fascista e o ‘cara al sol’ protagonizan as concentracións ao longo do Estado español contra o dereito a decidir dos cataláns.

A TVE, a supostamente televisión pública, ignora o ‘cara al sol’ e os saúdos fascistas ao informar das concentracións pola unidade de España.

A mesma televisión pública que decidiu non informar sobre a brutal represión que sacudiu Catalunya.

Este 1 de Outubro vai ser recordado como “o día da infamia” en Catalunya e no mundo, imaxes dantescas dos antidisturbios provocando disturbios en nome da democracia para evitar que puidese votar un pobo pacifico e desarmado.

¡A por eles!, ¿E quen son eles?, ¿O pobo catalán?, ¿Os independentistas?, ¿A xente de esquerdas?, ¿Todo o que non pensa como vosoutros?.  Berros vergoñentos que despedían as forzas represoras que partían cara a Catalunya, recordándonos tempos coloniais. Berros que parecían despedir tropas que partían cara a guerra de África. Berros que auguraban o día de bochornosa violencia que se viviu en Catalunya.

Un goberno facha deu a orde que rompeu definitivamente a convivencia no Estado español e máis de un progre aplaudindo.

Fachas, progres, cegos, e torpes uníronse para provocar un novo “día da infamia” para o Estado español e o mundo.

Desgraciadamente agora xa sabemos ao que se referían os que berraban “A por eles”, os que falaban de “tormenta”, referíanse a que ían a utilizar a violencia contra un pobo indefenso, a golpear a vellos e novos, a indignar e avergoñar a Europa e o mundo.  

Os tertulianos pan augados que avisaron de que pode “romper España”, xa non teñen de que preocuparse, xa a romperon os que lles dan o pan e a auga.

Son cómplices da infamia aqueles que xustifican a represión policial ou tratan de ser equidistantes. O que se viviu en Catalunya non entende de medias tintas.

Desprezo tanto aos fascistas que son inimigos dos pobos, como aos progres que traizoaron a súa clase. En Catalunya van collidos da man.

Saen agora os progres que dicían ser de esquerdas falando da lei e a orde defendendo a brutal represión policial.

Académicos como Noam Chomsky, opinan que  “O nivel represivo en Catalunya non se vía dende a ditadura de Franco”

Son tempos onde é necesario falar sen medo, debater, argumentar ata a saciedade, non autocensurarse. O diálogo é o camiño, é o único camiño para a convivencia.

Os pobos debemos manter a calma e o sosego que non teñen os que nos desgobernan.

Non caiamos na trampa do odio que sementan os medios da dereita española.

Neste necesario debate, debemos falar de todo, de autodeterminación, de modelo de Estado, dunha nova Constituínte.

Unha Constitución é unha ferramenta da que se dotan os pobos, non é a Biblia. Pode ser modificada para que sexa mellor ferramenta, adaptarse a novos tempos e novos problemas aos que como sociedade debemos dar solucións.

Os mesmos mamporreros que defendían que era un exercicio de impoluta democracia que a “oposición pacífica” sacasen as urnas en Venezuela dando as costas ao seu goberno, estaba BEN, era un exercicio de liberdade e democracia, que era legal.

Son os que acusan de golfistas ao lexitimo goberno de Catalunya por intentar celebrar un referéndum. En Catalunya sacar as urnas está MAL, é un ataque contra a Constitución e a liberdade ademais dun delito.

Entre os dous casos existe, é verdade, unha gran diferencia. En Venezuela a oposición utiliza sistematicamente a violencia e fai chamamentos a un golpe de Estado por parte dos militares, ou chega a pedir nada máis e nada menos a intervención Norteamericana. Falando en prata, a invasión do seu país por parte do exército dos EEUU.

Có presidente dos EEUU, con Donald Trump, con ese gran demócrata, reuníase Mariano Rajoy para pedirlle o seu apoio para evitar o referéndum en Catalunya. Ese día de invasión, parece que no falaron, porque Rajoy xa tiña preparado o desembarco das forzas de represión en Catalunya.

Para saber con quen estar, normalmente é suficiente ver quen está en cada lado. Eu có fascismo xamais,. Non teño dubidas a hora de compartir trincheira cun pobo que foi tratado con psicópata violencia polo feito de querer votar.

Defendo o teu dereito a pensar, a expresarte, a decidir, a votar e para defendelo non preciso que penses como eu.

 

 

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (71201 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: