Anuncios
ÚLTIMA HORA:

NON A COÑECIDA COMO LEI DE DEPREDACIÓN DA GALIZA. EU NARÓN

André Abeledo e colaboración con Antón Sánchez rexistrou unha Moción enrexeitamento a Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.

André Abeledo presentou a Moción en colaboración directa có deputado de EnMarea Antón Sánchez, que vai ser o encargado de presentar e defender as enmendas a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais no parlamento da Galiza en nome de EnMarea.

Tanto Antón Sánchez como André Abeledo denunciaron que a “Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais” é un “TTIP de andar por casa”.

Abeledo denuncia tamén que esta é unha lei que saca as Competencias aos Concellos en materia medio ambiental, e de control de proxectos. E ese é un dos moitos motivos polos que os Concellos como administración máis cércana a cidadanía debe defender o mantemento e o aumento de competencias.

É unha lei que prepara o espolio da Galiza, unha lei tramitada con premeditación e aleivosía, que o Goberno da Xunta de Galicia quere ter aprobada pola vía rápida, para principios de Novembro, aproveitando a súa maioría absoluta.

É unha lei que acorta os prazos de exposición pública, para evitar as alegacións da veciñanza.

É unha lei que se carga a participación cidadá.

A nova lei acapara o solo agrícola, entrega a xestión da madeira aos grandes operadores, facilita a expropiación, e abre as portas a proxectos mineiros que xa tiveron consecuencias nefastas en moitos países dos terceiro mundo.

André Abeledo anuncia que o Grupo Municipal de EU Narón xa traballa nunha Moción, que tentarán levar a Pleno o próximo mes de Outubro para declarar a Narón “Municipio Oposto a Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais”.

EU NARÓN solicitara que se adopten os seguintes acordos: 

PRIMEIRO.- Demandar do Parlamento galego a retirada ou, subsidiariamente, a non aprobación da Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, por ser contraria aos principios de sostibilidade e protección do medio ambiente, da paisaxe e do patrimonio cultural, por alentar un modelo social desigual e inxusto, e por limitar o dereito das administracións locais e da cidadanía para participar na toma de decisións sobre proxectos empresariais se especial transcendencia económica e social.

SEGUNDO.- Instar á Xunta de Galicia a planificar, programar e executar alternativas políticas e económicas sustentables que garantan a preservación dos bens naturais, paisaxísticos e patrimoniais de Galiza, xeren rendas ecolóxicas e sociais e que impulsen iniciativas económicas locais creadoras de emprego de calidade.

TERCEIRO.- Dar traslado do presente acordo ao Parlamento de Galicia, Grupos Parlamentares, así como á Xunta de Galicia.

 Mocion_Concellos_3-1(1)

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

abeledo

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (68590 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: