Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Parabéns ao PP, a derrota é completa, e a Marca España quedou retratada a nivel internacional

A prensa internacional non ve a España como unha democracia, as portadas dos xornais de todo o mundo abren con titulares de indignación, sorpresa e repulsa.

Por André Abeledo Fernández*

*Concelleiro de EU Narón, militante comunista e sindicalista.

Só no Estado español pode ter quen xustifique a barbarie e a actuación desproporcionada dun Estado represor.

Só no Estado español traballadoras e traballadores poden xustificar a actuación brutal, vergoñenta e torpe do PP.

Agora a brutalidade das forzas represoras cebouse con Catalunya.

Pero non teño dubidas de que tamén o seguiran facendo nas folgas, nas protestas cidadás, nos desafiuzamentos.

Seguramente máis de un que hoxe xustifica a actuación policial en Catalunya, teña a oportunidade de vivir en directo e nas súas carnes a represión do sistema.

Agora mestúranse os sentimentos. Vergoña, frustración, indignación, rabia.

Mais de 840 feridos en Catalunya, o referendum finalmente celebrouse, a comunidade internacional esta denunciando a brutal represión.

Parabéns ao PP, a derrota é completa, e a Marca España quedou retratada.

O poder pode facer que a xente quede na casa por medo, pero non que tome as rúas para loitar e xogarse o tipo, o pobo catalán quería votar e o medo non foi capar de paralizar ese lexitimo dereito.

Os mamporreros do poder din que a resposta das forzas de represión foi proporcionada. Pero cando un Garda Civil di a unha muller nun colexio: “o nos dais las urnas, o abriremos la puerta del colegio con vuestra cabeza”, xa esta todo dito.

As imaxes do 1.O, do día da infamia, darán a volta o mundo como exemplo da calidade da democracia española.

Así que a isto referíanse os que gritaban “A por ellos”, os que falaban de “tormenta”, a utilizar a violencia contra un pobo indefenso, a golpear a anciáns.

Son cómplices da infamia os que xustifican a represión policial ou tratan de ser equidistantes.

O plan do Goberno para evitar o referéndum serviu para acelerar o proceso de independencia de Cataluña.

O Goberno español pode seguir sendo o Goberno legal no Estado español, pero xa non ten lexitimidade.

 

 

 

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (70974 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: