Anuncios
ÚLTIMA HORA:

REAFIRMAMOS A NECESIDADE DE NON RESIGNARSE A PAGAR UNHA TAXA POLO SANEAMENTO ABUSIVA E POUCO TRANSPARENTE. (EU NARÓN)

Xa o pasado mes de Marzo dende EU Narón emitiamos un comunicado onde esixiamos que a EDAR de Ferrol comezase a funcionar, e entendiamos que era responsabilidade da Xunta-Augas de Galicia que isto ocorrese.

Entendiamos que tiña que funcionar con independencia de que no seu día se resolvese si o servizo debía ser costeado por unha taxa a pagar polos veciños e veciñas de Narón e Ferrol, ou con cargo ás transferencias teñen que facer ao Organismo autonómico as empresas municipais que hoxe xa nos cobran no recibo conceptos ligados ao saneamento e depuración.

Abeledo xa advertía entón que esta taxa é ademais unha “espada de Damocles” sobre as nosas cabezas, posto que está non vai ser unha taxa fixa, nin que poida ser controlada pola parte política nos Consistorios, que é a que debe representar os intereses das veciñas e veciños, está é unha taxa que vai a depender do prezo variable e en subida continua da enerxía, un sector controlado polas empresas privadas, e tamén das decisións arbitrarias da parte privada que controla o servizo de auga.

André Abeledo defendía, e continua a defender, a necesidade de que dende os Concellos defendamos os dereitos da veciñanza no que atinxe a taxa do saneamento, unha taxa o noso entender abusiva, nada transparente, e claramente inxusta.

Pero tamén entendemos que é imprescindible que a veciñanza de Narón tome conciencia deste abuso e saia a rúa para defender o seu dereito a unha taxa xusta, “no caso de ter que existir unha taxa de saneamento a maiores da que xa pagamos nos nosos recibos”.

André Abeledo esixiu entón que o Equipo de Goberno do Concello de Narón se poña a cabeza para defender os intereses das naronesas e naroneses contra unha taxa abusiva, algo que hoxe debemos seguir esixindo, porque está ten que ser a actitude de loita na defensa dunha taxa xusta, porque a auga non pode ser un negocio, porque a auga debe ser un dereito.

Abeledo entende que ante este abuso contra as veciñas e veciños de Narón e Ferrol, por ser as dúas cidades afectadas, debemos actuar con a maior contundencia, chamando a mobilización da cidadanía contra este atropelo dende os propios Concellos para defender os dereitos da veciñanza.

André Abeledo ven denunciando a inxustiza que no caso do saneamento o Concello de Narón non debería ter que pagar parte dunhas obras que son claramente de interese xeral, e que polo tanto o financiamento completo correspondería o Goberno Central.

Insistimos na necesidade de municipalizar os servizos básicos para que deixen de ser un negocio, e de nacionalizar os sectores estratéxicos, como pode ser a enerxía, para recuperar a soberanía dos pobos, e poñer estes recursos que deben ser un dereito fundamental o servizo da cidadanía.

André Abeledo defendeu entón que a Xunta de Galicia e o Goberno Central teñen unha débeda coa veciñanza de Narón. O feito de que Narón estea situado ao lado dunha Ría que debe ser saneada non debería supor un castigo para as veciñas e veciños en forma de taxas e impostos, unha poboación xa castigada especialmente polo paro e a crise económica que ve agora como os seus salarios vanse en pagar servizos básicos.

Ante a emerxencia social que continua a vivir o noso Concello, e a nosa comarca,esixiamos que a Xunta de Galicia nos seus orzamentos contemple partidas no sentido de reverter os cartos que vémonos obrigados a pagar a maiores por mor do saneamento da Ría, e por estar pagando unha parte dunha obra de interese xeral, en proxectos e políticas de emprego para Narón.

Defendiamos que nos orzamentos da Xunta de Galicia esas partidas deben ser separadas anualmente para dar continuidade a un proxecto real e que de resultados para a creación de postos de traballo en Narón, un proxecto que debería sacarse adiante dende os técnicos da xunta en colaboración directa có Concello de Narón.

Dende EU Narón urxiamos entón ao señor Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, a reunirse có consistorio de Narón, como xa fixo noutras grandes vilas galegas, posto que Narón é a oitava Vila da Galiza, para tratar persoalmente estes temas.Hoxe o seguimos demandando.

ESIXIMOS UNHA TAXA XUSTA DECIDIDA CON CRITERIOS CLAROS E TRANSPARENTES

DEFENDEMOS A MUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO DA AUGA

Esta postura do Grupo Municipal de EU Narón é consecuente e mantén a liña marcada pola nosa organización dende que André Abeledo se fixese cargo da Coordinación de EU Narón.

O 3 de Xullo de 2014 EU Narón emitía o seguinte comunicado;

“VALORACIÓN DO CONSELLO POLÍTICO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA DE NARÓN DA NOVA TAXA DE SANEAMENTO QUE VAI A SUPOÑER UNHA DRÁSTICA SUBIDA DO RECIBO DA AUGA PARA AS NARONESAS E NARONESES , ASI COMO DO FARAÓNICO PROXECTO PARA UN SUPOSTO “SANEAMENTO DA RÍA”.

Creemos firmemente que os servizos básicos deben se municipalizados para que non se converten nun simple negocio, nestes tempos de crise non se pode cargar as familias con a subida de todo aquelo imprescindible para poder vivir con dignidade.

– A partir de Decembro o Concello de Ferrol pasará a cobro aos seus veciños/as unha taxa por saneamento das augas que se verten á Ría e que teoricamente serán depuradas pola nova rede de saneamento, taxa que ascenderá a 76 euros anuais; esta cantidade será aumentada cada ano.

– A contía da taxa foi fixada unilateralmente polo Concello de Ferrol e EMAFESA, en base a un presunto estudo de custo de mantemento da rede, estudo que ao día de hoxe non coñece nin a oposición municipal, nin o Concello de Narón, que tamén terá que aplicar a referida taxa. En calquera caso, os datos que obran no poder do veciños sobre o funcionamento da rede de saneamento, datos que foron recadados polo seus medios e agrupados nunha comisión veciñal, -dado o escurantismo do Concello de Ferrol, ACUAES GALICIA –ORGANISMO DA XUNTA DE GALICIA-, e a CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO SIL- indican que a contía da taxa resposta a un sobrecusto calculado para dar beneficios a EMAFESA,e máis exactamente á Empresa privada que ten o 49% das súa participación. Hai que lembrar que legalmente taxa só ten a finalidade cubrir os custos do servizo, sen que poida ser unha medida recadatoria do Concello para si ou para un terceiro.

– O propio Concello de Narón pon en cuestión esa contía e encargou un estudo alternativa que coincide en cualificar a taxa excesivamente elevada para o que é o custo enerxético do funcionamento da rede de saneamento.

– O Concello de Ferrol incorre nunha ilegalidade cando outorga directamente a concesión do mantemento da rede a EMAFESA, QUE NON É UNHA EMPRESA PÚBLICA; só si a Empresa fora totalmente pública podería recibir directamente a concesión sen concurso. Esta razón permite falar dunha posible nulidade da concesión, unida tamén a falla de información ao conxunto da corporación e da cidadanía.

– O Estado non aporta cartos nin para a construción rede de saneamento nin para o seu mantemento. O Concello de Ferrol fía pagar aos seus veciños incluso o custo de posta en marcha da Depuradora de A Cabana, cando a práctica habitual é que non se reciba esta infraestrutura sin comprobar antes pola Administración Central o seu estado.

– A rede de saneamento en construción está afectada polas seguintes denuncias públicas, que incluso nalgún momento podería ser obxecto de denuncia xudicial, como xa o foi fai dous meses atrás ante a Unión Europea:

– En Ferrol Non parte dunha rede previa separativa de augas brancas e de augas fecais, a pesares de que as directivas ao respecto da UE obrigan a esa medida ineludible. Os chamado tanques de tormentas previstos non teñen a capacidade que o proxecto prevía para absorber as augas a depurar, polo que parte de estas –mesturadas augas residuais con augas brancas- sairán por aliviadoiros que contaminarán un río que fora canalizado previamente e acabarán na ría sen depurar; a depuradora de A Cabana non pode absorber a depuración prevista no proxecto da rede de saneamento; os tanques de tormentas a construír son máis dos que serían necesarios e colocados en lugares que afectan negativamente á residencia e ao ocio dos veciños (parques públicos, ribeira de Caranza….), sen que se aceptara polo Goberno, Xunta e Concello falar de rediseñar o proxecto e buscar emprazamentos alternativos –que os había- menos prexudiciais: todo indica que se fixo un proxecto de obra para aumentar o orzamento en función do beneficio da empresa que constrúe esa infraestrutura…lembremos ademais que o Presidente da Confederación hidrográfica do Miño –Sil cando se aprobou este proxecto está imputado por corrupción e que é práctica habitual pactar coas empresas construtoras sobrecustos nas obras públicas.

André (Coordinador EU Narón)”

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (71054 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: