Anuncios

Sobre a Moción de Censura en Fene. EU NARÓN

André Abeledo trasladou unha mensaxe de solidariedade e apoio a María del Carmen Martínez concelleira de EU Fene, que forma parte do Goberno xunto có BNG.

Abeledo transmitiu a concelleira o sentimento de vergoña allea e indignación que nos invade  pola esperpéntica actuación dos que se din de esquerdas e entregan alcaldías ao PP.

A Moción de Censura que o PP coa complicidade necesaria do PSOE e o apoio manifesto de SOMOS Fene, pretende tombar a un goberno de esquerdas para entregarllo ao Partido Popular. Isto ao noso entender só ten un nome, traición manifesta ao seu electorado.

As coalicións municipalistas naceron baixo a premisa de botar ao PP das institucións e dos Concellos, pero SOMOS Fene vai facer o contrario xunto có que ata agora é silencio cómplice do PSOE fenés.

EU Narón está hoxe có Goberno de Fene e contra as manobras dos oportunistas compinchados coa dereita.

EU Narón está coas compañeiras e compañeiros de EU Fene.

 GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

About el comunista (84835 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: