Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Posición sobre a taxa de saneamento de EU NARÓN que Abeledo defende no Pleno do 26 de Outubro

O CONVENIO que a Xunta de Galicia-Augas de Galicia pretende impoñer aos Concellos de Ferrol e Narón, e que Ferrol parece aceptar. É no esencial o mesmo Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, aprobado polo goberno local de Ferrol sendo Alcalde  Rey Varela en Maio do 2014.

Dito convenio viña acompañado dun Protocolo de Execución entre ese Concello e EMAFESA, PARA A XESTIÓN, EXPLOTACIÓN E MANTEMENTO DO SERVIZO PUBLICO DE SANEAMENTO E  DEPURACIÓN de Ferrol.

Asemade ambos acordos se acompañaron da aprobación polo Concello de Ferrol dunha taxa por ese servizo de depuración de augas residuais, taxa que tamén agora parece que se quere aprobar e con efectos retroactivos.

Na ordenanza na que que se aprobaba a taxa nada máis nada menos que se establecía una cuota tributaria para outros Concellos, colocando ao Concello de Narón en suxeito pasivo dunha taxa gravadora dun servizo de saneamento doutro municipio.

Como sabemos o Goberno Local de Narón  opúxose a estes acordos, e cuestionou  con base legal fundamentada a súa validez,  resaltando  que en realidade estábamos ante a concesión dunha encomenda de xestión que non era tal, xa que si se quere dar a concesión da xestión e explotación do servizo de saneamento e depuración a EMAFESA, o legalmente correcto é ir a un proceso de licitación libre entre as empresas que concorran.

Dicía tamén o Concello de Narón naquelas datas que en efecto asumiría  a competencia na prestación do servizo de saneamento no seu territorio, e utilizará no seu día unhas instalación supramuncipáis e de interese xeral que por razóns técnicas ubicanse noutro termo municipal. Ferrol.

Hoxe novamente se nos quere incorporar a uns acordos que só perseguen darlle a EMAFESA a explotación como negocio dun servizo público importantísimo.

Lembremos todo o que rodea a EMAFESA en materia de xestión económica financeira e á propia actuación da Xunta, favorecedora das contas  INFLADAS PRESENTADAS POR EMAFESA para incrementar a contía da taxa,  fixada con total escurantismo e modificada á baixa ata en tres ocasións polo anterior Alcalde de Ferrol debido a presión e denuncia do Concello de Narón- COSMA e da cidadanía,

Dende EU NARÓN entendemos que o acordo, que non rematan de asinar Augas de Galicia e Concello de Ferrol é de dubidosa legalidade, e pretenden que a sinatura do Concello de Narón déalle a aparencia de legal e consensuado polas Administracións.

Cando en realidade  sería A PARTE PRIVADA DE EMAFESA   (SOCAMEX)  A QUE  IMPORÍA SEMPRE O SEU CRITERIO E AS SÚAS CONTAS, claro está para conseguir o maior beneficio posible.

Defendemos que Narón non debe asinar ningún acordo que non pase pola XESTION DIRECTA DA REDE DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN POR PARTE DA XUNTA.

Defendemos a necesaria transparencia que datos reais e contrastados estableza o custo do servizo.

Defendemos que se adopten medidas para evitar o gasto enerxético que dispara o custo económico.

Insistimos en que a Xunta e do Goberno central deben contribuír economicamente para facer fronte a este servizo.

Unha obriga ineludible tendo en conta que non asumiron todo custo das obras, custo que aínda por riba incrementouse para os Concellos por mor dos atrasos de execución. Uns atrasos dos que Narón non é responsable.

Dende EU NARÓN pedímoslle ao Goberno Local que defenda os intereses da veciñanza e que non asine un convenio que vai hipotecar o futuro de Narón.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (69605 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: