Anuncios

ESIXIMOS QUE A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL COA PERSOAL PASE DO PAPEL A PRACTICA.

Dende EU Narón valoramos moi positivamente a Sentenza en firme e sen posibilidade de recurso gañada por CCOO contra Prosegur por impedir a un Vixiante de Seguridade a atención aos seus familiares dependentes mediante modificacións das súas condicións laborais.

Así mesmo quixéramos dar a noraboa ao traballador e a súa representación sindical CCOO (Construcción e Servizos) polo resultado da loita para a recuperación dos dereitos laborais e da dignidade obreira, á vez que son exemplo para animar ao resto de traballadores a camiñar nese sentido. 

André Abeledo insiste en que a conciliación da vida laboral coa persoal é un dereito. Temos que denunciar que esta situación tamén estase a dar na maioría das empresas en relación aos pais e mais que se acollen a o seu dereito de reducir a súa xornada laboral para coidar aos seus fillos menores de 12 anos.

As empresas pretenden que primen as súas necesidades fronte ás do menor, en calquera lexislación do mundo “civilizado” os intereses do menor priman sobre calquera outro interese, cando menos sobre o papel.

Abeledo recorda que a redución de xornada por conciliación familiar é un dereito que na practica non se respeta, a conciliación no noso país esta en pañais e rara vez pasa do papel a practica.

Por este motivo dende EU Narón celebramos calquera sentenza que axude a facer respetar este dereito fundamental das traballadoras e traballadores.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

Anuncios

Categorías

About el comunista (93221 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: