Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Sobre o Requerimento e o Saneamento. Posicionamento de EU NARÓN

*”EU Narón ten un compromiso coa veciñanza, a nosa obriga é defender os seus intereses. 

Non podemos aceptar un convenio onde Narón e pouco mais que un cliente e un espectador, un convenio que non toma en conta a Narón.

Lembremos que se traballa para a futura xestión mancomunada do servizo, ¿como vaise a mancomunar un servizo sen contar con Narón?.

Lembrar tamén que no protocolo do 14 entre Ferrol e EMAFESA, cedese  a depuración a EMAFESA nun futuro ente mancomunado. ¿Pero como é posible?, ¿como Narón vai a aceptar que se lle impoña a empresa e as condicións?, ¿como se pode dar unha concesión sen un concurso?.

Dende o Concello debemos defender en todo momento o mellor para o presente e o futuro da cidadanía.

Poño o exemplo de como a marxe Sur está xestionada por Augas de Galicia, e en A Coruña pola empresa pública EDAR BENS na que participan cinco concellos.

Dende EU Narón seguiremos con atención o proceso e as posibles negociacións.

Imos dar o noso apoio ao Goberno nesta decisión que entendemos que é acertada e necesaria, pero non estamos a dar un cheque en branco.

Entendemos que non existe base legal posible que poida vincular a Narón dentro dun convenio asinado polo Concello de Ferrol e Augas de Galicia que exclúe a Narón.

Narón non ten ningún vinculo con EMAFESA.

Dende EU defendemos que Narón non debe asinar ningún acordo que non pase pola XESTIÓN DIRECTA DA REDE DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN POR PARTE DA XUNTA.

Narón non pode poñerse nas mans de EMAFESA. Lembremos todo o que rodea a EMAFESA en materia de xestión económica financeira, dende contas infladas ata incumprimentos, ademais dunha situación económica insostible cunha débeda millonaria.

Seguiremos a defender que as economías familiares non poden verse lastradas por una taxa sobre un servizo básico excesivamente alta.

Entendemos que o problema está no actual modelo e defendemos a municipalización do servizo. Defendemos o público.

Ágora a pelota está sobre o tellado de Augas de Galicia, posto que é a responsable da depuración e quen ten que dar unha saída dentro da legalidade.

O debate non está en porcentaxes, non estamos a falar que si é o 30 ou o 40. Aínda que seguiremos a defender que Narón en todo caso deber pagar o coeficiente de vertido, e non unha taxa que finalmente está en mans da parte privada.

Mantemos a postura de que Narón non pode deixar o seu futuro en mans de terceiros, temos unha responsabilidade para cos nosos veciños, e esa responsabilidade obríganos a defender os seus intereses por riba de todo.”

*Intervención no Pleno do 30 de Novembro de André Abeledo.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (70882 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: