Anuncios
ÚLTIMA HORA:

MOCIÓN SOLICITANDO UN “PLAN DE TRABALLO” E UN “PROTOCOLO DE TRATAMENTO” PARA CONTROLAR E ERRADICAR A “HERBA DA PAMPA” QUE AMEAZA A NOSA BIODIVERSIDADE”. EU NARÓN

EU Narón rexistrou unha MOCIÓN SOLICITANDO UN  “PLAN DE TRABALLO” E UN “PROTOCOLO DE TRATAMENTO”  PARA CONTROLAR E ERRADICAR A “HERBA DA PAMPA” QUE AMEAZA A NOSA BIODIVERSIDADE”.

André  Abeledo entende que é urxente tomar medidas contra esta especie invasora.
E que ditas medidas non poden ser tomadas soamente a nivel local posto que unha da características desta esfecie e a facilidade coa que pode expandirse a grandes distancias por mor do pequena que é a súa semente, ademais de ser unha especie moi resistente.
Abeledo entende que como no caso da Coulza Guatemalteca na pataca a Xunta de Galicia xa esta chegando tarde polo que as medidas deben tomarse canto antes.
AXUNTAMOS TEXTO DA MOCIÓN REXISTRADA PARA O PLENO DE DECEMBRO.
 MOCIÓN SOLICITANDO UN  “PLAN DE TRABALLO” E UN “PROTOCOLO DE TRATAMENTO”  PARA CONTROLAR E ERRADICAR A “HERBA DA PAMPA” QUE AMEAZA A NOSA BIODIVERSIDADE”.  
Falamos dunha especie invasora que chegou a Galiza  porque nun principio tivo un uso ornamental, pero que é un autentico perigo ao non ter depredadores e ter un gran potencial de reprodución, xerminación e colonización de terreos baldíos e abandonados.
Esta especie invasora aparece no catálogo de especies invasoras de España e Galiza, polo que existe base legal para tentar erradicala.
A erradicación desta praga englobase dentro do Plan estratéxico para a xestión das especies exóticas invasoras na Galiza, pero as medidas adoptadas ata o momento son claramente insuficientes. Narón é o exemplo de como o “Plumacho” ou “Herba da Pampa” continúa a súa expansión poñendo en grave perigo a nosa diversidade de flora e fauna autóctona.
Segundo o BOE, onde se publica este RD o 3 de agosto do 2013, as especies exóticas invasoras constitúen unha das principais causas de perda de biodiversidade. A introdución destas especies invasoras tamén pode ocasionar graves prexuízos á economía, especialmente á produción agrícola, gandeira, forestal, e inclusive á saúde pública.
Existe unha gran preocupación pola crecente expansión destas especies. O Convenio de Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica, ratificado por España no 1993, recoñeceu a existencia deste problema e estableceu no seu artigo 8.h, que cada Parte Contratante, na medida das súas posibilidades, impedirá que se introduzan, controlará, ou erradicará as especies exóticas que ameacen os ecosistemas, os hábitats ou as especies.
Temos un gran problema coa Cortaderia Selloana, proveniente da América do Sur e moi propensa a crecer masivamente en zonas costeiras como Vigo. A tamén coñecida como “Herba da Pampa” é unha das plantas invasoras catalogadas como máis perigosas pola UICN (Unión Internacional Para a Conservación da Natureza). O chamado “Plumacho” libera milleiros de sementes que producen a súa rápida expansión. A Cortaderia Selloana xera un forte impacto visual, posto que as súas grandes dimensións fan que a súa presenza sexa moi clara, alterando fortemente a paisaxe.
Ademais, as follas afiadas poden danar a pel e mesmo realizar profundos cortes. A acumulación de follas e inflorescencias secas aumenta o risco de incendios, algo moi grave tendo en conta que somos un país con milleiros de lumes ao ano. Esta especie está incluída en varias listaxes e atlas relevantes da nosa xeografía como as seguintes:
Listaxe e Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (R.D 1628/2011).
Atlas das Plantas Alóctonas Invasoras en España.
Programa Andaluz para o control de especies exóticas invasoras.
Listaxes de plantas exóticas e invasoras de Galicia, Asturias, Cantabria, Cataluña e País Vasco.
Especies vexetais exóticas sometidas a réxime de limitacións na CCAA Valenciana (Decreto 213/2009).
É urxente establecer un “Plan de Traballo” e un “Protocolo de Tratamento” para controlar e erradicar esta praga antes de que o problema se agrave.
Entendendo que nun principio deberíamos centrar os esforzos nos terreos municipais, polígonos, solares, e os marxes das carreteiras.
Non estamos por tanto ante un problema menor. Os principais impactos descritos polo MAPAMA (Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente) son varios:
1.- Modifica a paisaxe e compite con especies autóctonas dos ecosistemas que invade, onde modifica a dispoñibilidade dos recursos hídricos. As súas grandes espigas acaban por desprazar a outras especies autóctonas.
2.- Fanse moi dominantes en ecosistemas dunares, xa que unha vez establecida, pode estender as súas raíces laterais até dous metros ao redor e 3,5 metros de profundidade, ocupando un volume de chan de máis de 30 m3.
Para a súa eliminación e control, o MAPAMA propón nun primeiro caso o “control mecánico de arranque con maquinara de toda a espiga e as súas raíces”. Sería conveniente trasladar estes restos ao vertedoiro.
Posteriormente, para unha eliminación eficaz, habería que aplicar o herbicida chamado glisofato sobre os restos que quedasen para evitar que volvan crecer. Estando nós en contra do glisofato polos seus efectos altamente contaminantes, consideramos que habería que substituír ese produto por outro menos agresivo ou mesmo ecolóxico.
ACORDOS
1 Solicitar a Xunta de Galiza que tome  medidas urxentes para a posta en marcha dun “Plan de Traballo” e un “Protocolo de Tratamento” para controlar e erradicar esta praga antes de que o problema se agrave.
2 Solicitar a Xunta de Galicia que xunto có Concello de Narón se estableza un “Plan de Traballo” a nivel local.
3 Estudar a posibilidade de que dito “Plan de Traballo” contemple a formación de persoas desempregadas para levar acabo os traballos de erradicación da “herba da Pampa” ou “Plumacho”.
Narón 01/12/2017
Asdo.:  André Abeledo Fernández
Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida
Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (70673 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: