Anuncios

Defensa Escola Rural. Escola de Pedroso

Intervención de André Abeledo en defensa da Escola Rural galega:

DEFENDEMOS  A ESCOLA DE PEDROSO, E A ESCOLA RURAL GALEGA, COMO PUNTO DE VERTEBRACIÓN E FREO DO ABANDONO E PERDA DE POBOACIÓN DO RURAL GALEGO.

É sempre un autentico drama o peche de calquera escola por motivos económicos ou políticos.

A perdida de poboación no rural galego ten que ser atallada con inversión dende a xunta de Galicia tratando de dar os mesmos servicios os veciños do rural que aos da zona urbana.

Entendemos que o numero de alumnos non pode ser o único baremos para decidir o peche dunha escola.

En Narón o peche das escolas de San Mateo e Castro xa foi un drama e un gran erro e agora continúan en serio perigo as escolas de Pedroso e Sedes.

Defendemos que deben buscarse novas ferramentas para evitar o peche das escolas e que ten que darse un “tempo de corentena” antes de tomar a drásticas decisión dun peche definitivo, posto que unha vez pechada a escola non se vai volver a abrir aínda que no seguinte ano puidese ter alumnos suficientes.

Proxectos experimentais serios, como o que presentaron no seu momento os veciños de sedes deberían ser tomados en serio pola Consellería de Educación. Posto que a defensa do rural ten que facerse con feitos e non só con palabras.

 (Incluimos o audio da intervención e da replica de Abeledo a Intervención do PP)

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

Anuncios

Categorías

About el comunista (86860 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: