Anuncios
ÚLTIMA HORA:

MOCIÓN SOBRE AHED TAMIMI, A MENOR PALESTINA ENCARCELADA

Intervención de André Abeledo: 

A activista Ahed Tamimi e a súa mai foron arrestadas a madrugada do 18 de decembro. Ahed, é unha rapaza de 16 años, membro dunha coñecida familia de activistas polos dereitos do Pobo palestino, que se convertiu nun referente da heroica resistencia do pobo palestino fronte ao exército sionista de ocupación de Palestina.

Tamimi foi acusada de varios delitos por un tribunal militar relacionados con impedir aos soldados cumprir as ordes recibidas. A menor está en situación de illamento, atada de pes e mans, o que supón unha vulneración incuestionable de toda a lexislación internacional en relación có trato a menores, así como dos Dereitos Humanos.

Ahed é tan só un exemplo dos centos de menores (máis de 400 só en 2017) que o Estado israelí detén ou encadea, tal e como diversos organismos observadores de DDHH ou a propia ONU veñen denunciando dende tempo atrás. Este feito pon en evidencia que se están producindo por parte de Israel, nos territorios palestinos, uns feitos que violan sistematicamente os dereitos humanos fundamentais ante os cales a comunidade internacional non pode nin debe manterse impasible.

Os feitos que se han producido nas últimas semanas son parte das continuas agresións que o Estado de Israel leva realizando dende fai décadas na súa  estratexia de “limpeza étnica”  sobre o Pobo palestino. O bloqueo das principais carreteiras de Cisjordania, os innumerables check-points no territorio, os disparos producidos polas forzas armadas os continuos bombardeos nas cidades palestinas, a incautación de terras, cultivos, auga e incluso das propias vivendas das familias palestinas.

 (Incluimos audio)

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (74988 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: