Anuncios

POLA RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI 8/2008 DE SAÚDE DE GALICIA

EU NARÓN E PSdeG-PSOE DO CONCELLO DE NARÓN PRESENTAN CONXUNTAMENTE UNHA MOCIÓN EN RELACIÓN Á RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI 8/2008 DE SAÚDE DE GALICIA E EN APOIO ÁS MOBILIZACIÓNS QUE SE CONVOQUEN POR SOS SANIDADE PÚBLICA PARA TAL FIN.

EU Narón xa presentou pola via de urxencia unha moción no pleno de Xaneiro neste sentido, pero a urxencia foi rexitada por maioria. Agora xunto có PSOE e con as súas aportacións presenta esta moción o Pleno de Febreiro.

Abeledo indica que a limitación imposta a EU Narón a unha soa moción por Pleno ao estar incluidos no chamado “Grupo Mixto” é inxusta e pon ainda máis trabas aos grupos minoritarios e con menos recursos para facer o seu traballo dentro do Concello. “O loxico e o xusto sería que as Mocións fosen as mesmas para todos os Grupos Politicos” indicou Abeledo.

André Abeledo explica que a Lei de Saúde de Galicia do ano 2008, estableceu as normas polas que se ten que rexer o Sistema Sanitario Público de Galicia. Esta Lei contempla unha  Sanidade Pública, Universal, Gratuíta e de Calidade, tal e como manda o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución do Estado Español. Agora a Xunta pretende cambiar esta Lei mediante un proxecto que:

1.- Reduce a participación social   na xestión e control do sistema.

Cambia a composición dos órganos de participación e súas funcións dos mesmos. Esta modificación faría imposible o control previo e a  aprobación do Plan Galego de Saúde, os contratos de servizos, os concertos co sector privado, subvencións, memorias anuais, orzamentos,  prestacións sanitarias e carteiras de servizos.

Tamén modifica  a composición e funcións do Consello de Saúde de Área e  crea un novo Consello Asesor de Pacientes,  deixando pendente a regulación da súa composición e funcionamento, responsabilidade que traslada as Xerencias de Área. A Consellería de Sanidade elixirá ademais quen poderá participar no mesmo, que deberán facer as  entidades participantes. O Proxecto e suprime o artigo 25 (apartado 5. d) que establecía que “ o Consello e Saúde debería coñecer os contratos de servizos sanitarios, concertos e subvencións na área sanitaria”.

2.- Reduce as Áreas Sanitarias e mantén as Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS)

Reduce á actuais  Áreas Sanitarias de 11 a 7 coa intención de equiparar as mesmas ás Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIS), creadas para suprimir as Xerencias de Atención Primaria (AP) que foron absorbidas polos hospitais. De este xeito a AP quedou sometida a hospitalaria perdendo orzamento e autonomía, polo que o sistema sanitario volve ao modelo curativo (reparación do dano) en detrimento da promoción e prevención, moito mais racional e eficiente para a saúde da poboación.

3.- Desmantela e recorta os recursos dos hospitais comarcais, que acercan a atención hospitalaria as poboación rural aleixada dos grandes hospitais

Preténdese eliminar as Áreas Sanitarias de Monforte, A Mariña, Barco de Valdeorras  e o Salnés, polo que os hospitais das mesmas pasarían a depender dos hospitais das  Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS) de  Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo. As áreas dos hospitais comarcais se transforman en Distritos Sanitarios que son estruturas territoriais de menor rango, capacidade de xestión, orzamento e recursos.

4.- Mantén e consolida a selección dos traballadores sanitarios por libre designación, en lugar de por coñecemento, mérito e capacidade demostrada  en probas,  examines e concursos.

Esta decisión  perpetúa a arbitrariedade  o enchufismo na contratación do persoal sanitario, en detrimento da calidade da atención, da equidade e da xustiza.

 5.- Consolida a privatización de formación, investigación e innovación dos sistema sanitario público galego. Mantén a amplía a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, parasitada por laboratorios e empresas tecnolóxicas e fondos de investimento internacional. De esta manara o SERGAS financiará e poñerá os seus centros, profesionais, equipamento e pacientes o servizo da experimentación de laboratorios, multinacionais e fondos de investimento, que farán grandes negocios cos resultados da mesma: O SERGAS pagara a investigación e ás multinacionais comercializaran os resultados.  Preténdese por o Sistema Sanitario Público ao servizo do desenvolvemento empresarial, en lugar de garantir a saúde da poboación.

Debemos ser conscientes de que están en xogo Sanidade Pública que ata agora protexeu o ben máis importante que temos como e a saude. O sistema Sanitario Público e algo que conseguimos entre tod@s coa democracia. Si deixamos que o privaticen, as xeracións futuras non nolo perdoarán.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

About el comunista (88776 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: