Anuncios

En apoio a folga do 8 de Marzo. EU NARÓN.

Abeledo interveu no Pleno de Febreiro para remarcar que dende Esquerda Unida de Narón  apoiamos ao 100% esta convocatoria de folga, que pretende desbordar o concepto clásico de folga xeneral: dende os feminismos chamase a todas as mulleres a parar nos seus empregos, pero tamén a parar nos coidados, nas aulas e no consumo.

O traballo das mulleres, tanto no laboral como no reprodutivo, é constantemente invisibilizado e minusvalorado, pero ao mesmo tempo é esencial para que todo funcione.

Por elo, baixo o lema SI NOSOUTRAS PARAMOS PARASE O MUNDO, as feministas propoñen esta xornada de loita que é histórica no noso país.

Facemos un chamamento a sumarse a esta folga, secundando os paros laborais ao longo de toda a xornada, o paro de coidados, o estudantil e o de consumo.

Nesta folga as mulleres son as protagonistas. Ese día, por un día, as mulleres van a ser o centro.
Facemos un chamamento a participar nas concentracións, nas manifestacións e nos actos organizados para este histórico día.

As mulleres serán as protagonistas, portando as pancartas, facendo declaracións públicas… e o máis importante, desfrutando desta folga que é de TODAS e de todos.

André Abeledo remarcou que como fillo e como pai dunha nena, como xente de esquerdas loito por unha sociedade, e por un mundo baseado na xustiza e na igualdade.

Loito por construír un mundo onde a miña filla teña as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos que o meu fillo.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

Anuncios

Categorías

About el comunista (84558 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: