Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Homenaxes as vítimas do franquismo en Narón

EU Narón fai un chamamento a veciñanza para que participe nos actos de homenaxe as vítimas do franquismo que se van a celebrar en Narón o próximo Sábado 14 de Abril, faranse ofrendas florais en homenaxe as vítimas do franquismo.

No monumento en O Val as 12:00 Sábado 14 de Abril.

No cemiterio de San Mateo as 12:30 Sábado 14 de Abril.

No Pazo da Cultura as 13:00 Sábado 14 de Abril.

(Organizan A.C Memoria Histórica Democrática e o Concello de Narón).

Abeledo entende que estes actos de homenaxe as vítimas do fascismo e de conmemoración da II República deben servir tamén para a reivindicación da necesidade da chegada da III República. 

André Abeledo explica que “quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, o dixo hai séculos Marco Tulio Cicerón, gran verdade histórica que precisamos ter na memoria.

Tamén Miguel Hernández, ese gran poeta comunista que rematou a súa luminosa vida no mes de marzo de hai 74 anos nunha cadea fascista, deixounos dito: “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos soños”.

A guerra civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por traidores contra un goberno lexitimo referendado nas urnas, a II República foi un corto e intenso período de esperanza, de avances, de unidade, que rematou cun golpe brutal que nos levou a unha guerra, non podemos esquecer que no estado español houbo un xenocidio ideolóxico, as cunetas seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República.

A II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou  un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio  de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos.

En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as  Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatoria, e recoñécese a liberdade de cátedra.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República.

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación se reabren feridas, pero, como se vai reabrir o que nunca se pechou?; como se pode perdoar cando nunca se pediu perdón? Teñamos presente que na Alemaña negar o holocausto é delito. Non se debe esquecer sen máis.

Quero recordar una vez mais neste Pleno que por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista. As cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria.

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles mariñeiros que se mantiveron fieis á República, á legalidade, cando o golpe. No Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do acorazado “España” e do vapor “Domine”. En San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantábrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión…

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados…

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do citado acorazado “España”.

Dende EU Narón entendemos que os actos de homenaxe as vítimas do fascismo e de conmemoración da II República deben servir tamén para a reivindicación da necesidade da chegada da III República e convocamos a toda a cidadanía a participar nas ofrendas florais na memoria de todos os represaliados polo fascismo.

Honor e Gloria aos nosos mártires.

Saúde e República. A pola terceira.

 

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (78178 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: