Anuncios

EU Narón sumase a campaña solidaria de BDS co pobo palestino

Este venres 20 de Abril as 20:30 horas, no Auditorio de Ferrol vai actuar a compañía israelí Mayumana. En apoio solidario ao pobo palestino vaise levar acabo unha concentración de rexeitamento da actuación deste grupo israelí.

Este concentración de protesta englobase na campaña de boicot aos produtos israelís que fai BDS-Galiza, en protesta pola da ocupación e a colonización de Palestina. Esixindo ademais o desmantelamento do ilegal muro que divide Palestina, e o fin do apartheid que sufre o pobo palestino.

Dende EU Narón facemos un chamamento a cidadanía a participar no boicot aos produtos israelís en resposta a actuación do Goberno de Israel contra o indefenso pobo palestino.

Son milleiros os artistas do mundo que se negan a actuar en Israel e denuncian a actuación israelí contra os palestinos.

Recordamos que Israel non respeta as resolucións internacionais, que segue a non repetar os dereitos humanas no territorio palestino, que continua coa limpeza étnica, que non respeta os dereitos dos nenos e nenas palestinos, moitas son vítimas de detención arbitrarias, torturas e malos tratos por parte das forzas de ocupación israelís.

As compañeiras e compañeiros de EU Narón non podemos mirar cara outro lado cando se trata de denunciar un xenocidio contra un pobo indefenso ao que o mal chamado mundo civilizado lle leva dando as costas durante décadas.

 GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN
Anuncios

Categorías

About el comunista (91372 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: