Anuncios
ÚLTIMA HORA:

Animamos a veciñanza a participar e colaborar nos actos solidarios có pobo saharauí

No Concello de Narón estanse a levar a cabo unha serie de actos solidarios có pobo saharauí.

André Abeledo indica que estes actos son unha mostra máis da solidariedade das naronesas e naroneses que sempre están a altura cando é preciso.

A intención é conseguir apoio económico para o programa “Vacacións en Paz” e mercar material necesario para paliar as difíciles condicións de vida nos campamentos.

Actos solidarios como a “masterclass” que se vai a celebrar o próximo día 12 de Maio no Pavillón de a Gándara as 18:00 coa colaboración do ximnasio Beni Gym de Narón.

Abeledo quixo agradecer ao ximnasio onde tenta manterse en forma polo seu compromiso solidario, persoas como Tamara, Margaret, Juan o Vicente son un exemplo desa innata capacidade solidaria da nosa cidadanía.

Tamén lembrábamos e animamos a participar no resto das actividades como por exemplo a o Mercadillo Solidario do próximo 19 de Maio no Alto do Castaño.

Ou no “Partido de Fútbol Sala Solidario” que o próximo 20 de Maio terá lugar no Pavillón de A Gándara e no que participaran Concelleiros, Alcaldes, e políticos de Narón, Comarca, e toda a Galiza. Reeditando así o partido proposto por EU Narón o ano pasado.

André Abeledo promoverá tamén a visita oficial do novo Delegado do Pobo Saharauí ao Concello de Narón, cumprindo así con un dos puntos acordados en Pleno a proposta de EU Narón.

Abeledo explica que precisamos tamén de accións políticas que tenten  sacar a luz a realidade e dan un recoñecemento ao Sáhara Occidental como nación ocupada ilegalmente por Marrocos.

En relación ao Sáhara Occidental faise necesario ter memoria, a mesma memoria histórica que aínda precisamos no Estado español.

Recuperando a memoria sobre a nosa historia entenderemos ata onde chega a nosa responsabilidade có Sáhara Occidental, este non é un conflito alleo ao Estado español, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmá.

O Estado español ten unha débeda histórica có pobo saharauí, os deixamos tirados, os entregamos a Marrocos, o pobo español ten a obrigación moral de denunciar a situación da poboación saharauí que vive nos Territorios Ocupados por Marrocos, que sufre, sistematicamente, a violación dos seus dereitos máis elementais.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

Acerca de el comunista (80371 Artículos)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: