Anuncios

Primarias Abertas de EU Narón

A candidatura encabezada por André Abeledo Fernández nas “Primarias Abertas” que IU-EU convocou en todo o Estado español, foi apoiada no día de onte por o 90% dos votos, Abeledo é o actual Concelleiro de EU Narón e será o cabeza de lista defendido por EU en calquera dos escenarios e formulas electorais cara as Municipais do 2019.
 
André Abeledo declarou a súa intención que que EU Narón “sirva como ferramenta de unidade, somos unha organización política que cree na necesidade de crear unha fronte popular capaz de darlle a Narón un xiro cara a esquerda”. 

Abeledo defende “a necesidade da unidade da esquerda para construír entre todas e todos unha sociedade mais xusta e unha cidade mais humana”. “A Unidade Popular da xente de esquerdas da nosa cidade debe ser o camiño da transformación social que debemos comezar a andar en Narón”.

Tamén recalcou o traballo feito dende a oposición polo Grupo Municipal de EU Narón, dende unha oposición que sempre pretendeu construír e tender pontes, propoñer e dar ideas, para mellorar a vida das veciñas e veciños da nosa cidade, un traballo que vai na liña desta Unidade Popular da xente e para a xente, que entre todas e todos debemos tentar construír para un Narón pola esquerda.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN  

Anuncios

Categorías

About el comunista (86672 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: