Anuncios

629 motivos de orgullo, 629 vidas salvadas

André Abeledo Fernández

Nestes momentos, parafraseando ao Rey emérito, o que debería “enchernos de orgullo e satisfacción”, é que sexa o Estado español quen rescate a 629 persoas, nenos, nenas, mulleres e homes. Quen dera este xeito de actuar pasase agora a ser a nova “Marca España”.

Por André Abeledo Fernández*

É sin dúbida unha medida insuficiente, que ademais debería vir acompañada por un cambio drástico nas leis de estranxeiría e inmigración. Pero tamén é unha lección de humanidade necesaria para unha Europa sen corazón, ni n principios, que deixa morrer afogadas no Mediterráneo as vítimas dun sistema que provoca as guerras de espolio de recursos enerxéticos, guerras que son as que obrigan a estas persoas a buscar refuxio lonxe das súas casas.

Pero non esquezamos que no Estado español negase a atención medica a persoas polo simple feito de non ter papeis en regra, péchanselles todas as portas por unha irregularidade burocrática que os converte nos “ninguén” dos que falou Eduardo Galeano.

Non ter documentación en regra non lles permite a estas persoas traballar con un contrato, condenando a estas persoas a sobrevivir, alimentando o trafico de persoas, a prostitución, o traballo escravo, alimentando con leis inxustas que algunhas destas persoas teñan ata que delinquir para vivir.

Sin documentos estas persoas non poden ter unha conta nun banco, nin acceder a axudas, a nosa lexislación converte a seres humanos en ilegais, e a persoas que non cometeron ningún delito en delincuentes, sin ningún motivo máis que a sua raza poden ser identificados pola policía, e poden ser encerrados nun calabozo dunha comisaría, ou nun CIE, ou deportados ao seu país de orixe.

É un orgullo e un motivo de aplauso o rescatar de 629 persoas da morte, pero non esquezamos as vallas da vergonza en Ceuta e Melilla, nin o drama dos sin papeis no Estado español.

*Concelleiro de EU Narón.

Anuncios

Categorías

About el comunista (89028 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: