Anuncios

Posición de EU Narón sobre o “Piñeiral de A Gándara”

Abeledo insiste en que debemos traballar por construír unha cidade máis humana, dentro deste modelo que vimos defendendo dende fai anos, dende EU entendemos que xunto coa accesibilidade universal, a potenciación do transporte público, e outra serie de medidas, un dos pilares deste modelo humanizador é a existencia de zonas verdes na zona urbana de Narón, cantas máis mellor, para mellorar a calidade do aire respirado pola veciñanza e crear zonas de esparcemento e recreo para as naronesas e naroneses.

Ven é certo que no caso do piñeiral da Estrada da Gándara a obrigada  aplicación da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; e a la Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, obrigan a cortar unha parte importante das arbores deste “pulmón verde de Narón”.

No caso destes arbores, falamos de pinos e eucaliptos, a lexislación marca que deben manter unha distancia de 50 metros coas vivendas para evitar o perigo en caso de incendio, por este motivo dende EU entendemos que debemos buscar unha alternativa que por unha banda permitan cumprir a lei, eviten perigos, pero a súa vez manteñan o modelo de “cidade verde” que dende EU propoñemos.

Abeledo propón que a parte do piñeiral que pertence o Concello sexa repoboada con especies autóctonas, posto que algunha desas especies só esixen unha distancia de 15 metros cosas vivendas, conseguindo así por unha banda manter para o futuro este “pulmón verde” para a veciñanza de A Gándara, e por outro potenciar as especies autóctonas da Galiza.

Tamén indica que unha parte da veciñanza entende que pode ser o momento para adecuar a zona para o recreo e o esparcemento poñendo bancos e mesas que permitan desfrutar da zona cando chegue o bó tempo.

Así mesmo Abeledo empraza ao Goberno Local a abrir un dialogo coa veciñanza neste sentido, para que sexa participe deste proxecto de futuro.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Anuncios

Categorías

About el comunista (89241 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

1 Comment on Posición de EU Narón sobre o “Piñeiral de A Gándara”

  1. Se habla muy rápido de las frondosas ¿pero quien ha dicho que el pino no es autóctono de Galicia?, se necesita un estudio riguroso y serio sobre ese punto.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: