A ESCOLA RURAL GALEGA, COMO PUNTO DE VERTEBRACIÓN E FREO DO ABANDONO DO RURAL GALEGO

André Abeledo

DENDE EU DEFENDEMOS  A ESCOLA RURAL GALEGA, COMO PUNTO DE VERTEBRACIÓN E FREO DO ABANDONO  DO RURAL GALEGO.

EU Narón participa xunto a TEGA, BNG e PSOE nunha Moción en prol da educación no rural que levase ao Pleno deste mes de Xullo.

André Abeledo defende que é sempre un autentico drama o peche de calquera escola por motivos económicos ou políticos.

A perdida de poboación no rural galego ten que ser atallada con inversión dende a xunta de Galicia tratando de dar os mesmos servicios os veciños dorural que aos da zona urbana.

Entendemos que o numero de alumnos non pode ser o único baremos para decidir o peche dunha escola.

En Narón o peche das escolas de San Mateo e Castro xa foi un drama e un gran erro e agora continúan en serio perigo as escolas de Pedroso e Sedes.

Defendemos que deben buscarse novas ferramentas para evitar o peche das escolas e que ten que darse un “tempo de corentena” antes de tomar a drásticas decisión dun peche definitivo, posto que unha vez pechada a escola non se vai volver a abrir aínda que no seguinte ano puidese ter alumnos suficientes.

A escola é un servizo público fundamental para estruturar esa comunidade territorial.

É necesario desenvolver unha acción divulgativa para revalorizar a imaxe da escola rural para combater a escasa matriculación, financiando os medios necesarios para informar das bonanzas do proxecto educativo dunha escola rural, non masificada, e nun contorno natural.

Os nenos do rural deben ter dereito a educarse no seu entorno, ademais parécenos indiscutible que baixar o numero por nenos por aula nas escolas vai a repercutir directamente na calidade do ensino.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

About ELCOMUNISTA.NET (86190 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: