En apoio ao pobo saharaui e ao programa “VACACIÓNS EN PAZ”

EU Narón rexistra unha Moción para o Pleno de Xullo en apoio ao pobo saharaui e ao programa “VACACIÓNS EN PAZ

Abeledo solicita na Moción a realización por parte do Concello de Narón dunha campaña informativa urxente para buscar familias de Narón dispostas a participar no programa solidario de acollida de nenas e nenos saharauís de «VACACIÓNS EN PAZ» durante o verano.

E insta a esixir unha vez máis que os orzamentos da Xunta de Galicia como os do Goberno do Estado contemplen unha partida económica para sufragar integramente os gastos do viaxe das nenas e nenos saharauís que participan no programa “Vacacións en Paz”

 André Abeledo explica que ano tras ano o programa “Vacacións en Paz” atopase co problema do pago dos billetes de avión das nenas e nenos que veñen dende os campamentos saharauís en Alxeria a pasar o verán.

As familias e os voluntarios que forman parte deste programa vense obrigadas a facer todos os anos un esforzo sobrehumano para poder manter vivo este importante programa.

Dende EU Narón levamos anos defendendo que ou ben o Goberno Central ou a Xunta de Galicia deben facerse cargo do pago dos billetes de avión, que os orzamento deben asignar unha partida económica para evitar este problema recorrente que ameaza a supervivencia do programa “Vacacións en Paz”.

Tamén son necesarias novas familias dispostas a facer o esforzo solidario de acoller un neno ou unha nena saharauí nestas datas, por ese motivo solicitamos que dende o Concello fágase unha campaña urxente de concienciación e divulgación deste programa e desta necesidade.

Lembrar que estas nenas e nenos vense obrigados a vivir nos campamentos por causa da ocupación marroquí do Sáhara Occidental, para estes nenos non son unhas vacacións, precisan destes meses para recuperarse da difícil vida nos campamento e fuxir das altas temperaturas do deserto nestas datas.

Debemos denunciar unha e outra vez que a ilegal ocupación do Sáhara por parte do exercito de Marrocos provoca este drama humano, e volver a lembrar que o Estado español ten unha responsabilidade histórica para có pobo saharauí, posto que no momento da ocupación era territorio español.

Por suposto damos a benvida as crianzas que pasarán os vindeiros dous meses en Narón fuxindo das terribles condicións de vida dos campamentos durante o verán, as altas temperaturas converten aos campamentos nun autentico inferno nestas datas. Pero tamén os recoñecemos como pequenos embaixadores da causa do pobo saharauí.

Felicitamos aos responsables de «Vacacións en Paz» e sobre todos as familias acolledoras por esta gran labor solidaria e internacionalista.

Apoiamos o dereito do pobo saharauí a recuperar a súa independencia e denunciamos a ilegal ocupación marroquí do Sáhara Occidental.

Cando os medios de comunicación deixan de falar dun conflito, dun drama humano, ese conflito, ese drama, non desaparece, continúan, pero faise invisible.

Cando isto acontece non é por casualidade, existe unha causalidade, normalmente son intereses económicos e xeoestratexicos os que agochan o problema.

O caso do Sáhara Occidental é o dun esquecemento forzado, o dun agochamento intencionado e interesado.

Precisamos de accións políticas que tenten  sacar a luz a realidade e dan un recoñecemento ao Sáhara Occidental como nación ocupada ilegalmente por Marrocos.

En relación ao Sáhara Occidental faise necesario ter memoria, a mesma memoria histórica que aínda precisamos no Estado español.

Recuperando a memoria sobre a nosa historia entenderemos ata onde chega a nosa responsabilidade có Sáhara Occidental, este non é un conflito alleo ao Estado español, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmá.

O Estado español ten unha débeda histórica có pobo saharauí, os deixamos tirados, os entregamos a Marrocos, o pobo español ten a obrigación moral de denunciar a situación da poboación saharauí que vive nos Territorios Ocupados por Marrocos, que sufre, sistematicamente, a violación dos seus dereitos máis elementais.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

 

About ELCOMUNISTA.NET (86246 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: