Fascismo Nunca Máis

O pasado 30 de Xullo do 2018 fixen unha pequena intervención como público no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a Moción do Grupo Municipal do BNG e pra dicir alto e claro Fascismo Nunca Máis.

Por Celso Posada Fernández*

Na miña pequena intervención dixen alto e claro que en Ferrol @s demócratas NON queremos e NON imos a permitir de ningunha maneira que traian os restos do asesino e xenocida dictador fascista Francisco Franco, un dos maiores xenocidas do mundo, que en Ferrol @s demócratas queremos a retirada inmediata de toda a simboloxía franquista da nosa cidade  e Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as víctimas do franquismo.

A dictadura fascista do dictador Francisco Franco foi un rexime de terror, un auténtico xenocidio contra o pobo traballador e o movimento obreiro, unha dictadura de clase , criminal que implantou unha salvaxe dictadura fascista no Estado Español durante 40 anos .

Esta dictadura fascista veu precedida por un infame golpe de estado fascista contra o goberno lexítimo e democrático da República saido das urnas e este golpe de estado fascista foi alentado, promovido, auspiciado e orquestado polas élites económicas, pola oligarquía española e pola xerarquía da igrexa católica( Nacional Catolicismo) que levou baixo palio o dictador Francisco Franco pra seguir defendendo e mantendo os seus privilexios e intereses de clase.

A dictadura fascista de Francisco Franco torturou, asasinou, fusilou, encarcelou , represaliou , condeou o exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres democratas e loitadores pola liberdade e fronte o fascismo tanto socialistas, como nacionalistas, independentistas, comunistas, anarquistas, libertari@s, feministas, mestres/as, sindicalistas, etc, etc

En pleno seculo XXI e no ano 2018 todavía hai mais de 114.000 demócratas enterrad@s vergoñentamente nas cunetas e en fosas comuns e o fascismo sigue estando impune .

Hoxe e mais necesario que nunca dignificar as víctimas do franquismo, ilegalizar a Fundación Fascista Francisco Franco por apoloxía do franquismo, investigar todos os crimenes do franquismo pra que non queden impunes  e levar ante a xustiza a todas as persoas responsables dos crimenes do franquismo e torturadoras e colaboradoras coa dictadura franquista como Billy el Niño, el muñecas, etc.

Tamen e fundamental a Devolución Inmediata o Pobo Galego do Pazo de Meirás que foi un expolio e un roubo do dictador Francisco Franco o Pobo Galego.

Dende eiqui toda a miña solidariedade c@s #19deMeiras.

Na miña intervención no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a xusta e democrática Moción do BNG lembrei que Ferrol e unha cidade rebelde, de longa traxectoria de loitas sociais das mulleres como a Revolta das Pedradas e de loitas do movimento obreiro e a cidade onde naceron Pablo Iglesias Posse, Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, as mulleres de Marzo do 72 e a cidade onde asasinaron a policía franquista española a Daniel Niebla, a Amador Rey e  ao  militante da UPG, nacionalista galego, comunista e loitador antifranquista e na defensa da democracia, das liberdades, do pobo traballador galego e dos dereitos nacionais da Galiza Moncho Reboiras Noia.

Xa por ultimo pra rematar agradecer o BNG que haxan pensado en min pra defender a sua democratica Moción, lembrar que pra ser Demócrata hai que ser Antifascista.

Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as víctimas do franquismo .

Fascismo Nunca Máis.
*Activista social en diferentes movimentos sociais de Ferrolterra, militante de esquerdas.
About ELCOMUNISTA.NET (86377 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: