Anuncios

Abeledo defende a necesidade de defender a biodiversidade do monte galego

“Tratase de aprobar hoxe aquí unha Moción na defensa do futuro da nosa terra, do futuro do nos pobo, do futuro da Galiza.

O eucalipto ocupa xa na Galiza máis de medio millón de hectáreas, un 17% do noso territorio. Está presente nos nosos montes, mais tamén nas terras de cultivo, nos espazos naturais, enriba dos xacementos arqueolóxicos… Semella que para a industria do eucalipto non existen limitacións: todo vale con tal de seguir engordando a conta de beneficios das celulosas.

A celulosa é a dona do monte galego. Non podemos permitir que o noso país sexa entregado ao monocultivo do eucalipto.

A eucaliptización comeza desde o momento en que Ence decide transformar o seu modelo produtivo e pasar de se fornecer de materia prima de piñeiro a eucalipto. Empeza a cobrar forza nos anos 70 mais o pulo definitivo a ese proceso de eucaliptización comeza a mediados dos 80, de maneira que desde entón até agora hai toda unha estratexia poliédrica. Primeiro desaloxa os serradoiros como competidores pola materia prima, despois desaloxa os piñeiros… e agora xa é terreo que se apropiou para producir eucaliptos.

Debemos preguntarnos como é posíbel que a única alternativa da que se estea a falar para as terras agrarias, as terras de produción para a gandeiría é o eucalipto. Cando existen unha chea de alternativas! Mais non se fala delas. Por que? Pois porque interesadamente levan os produtores a abandonar as explotacións e transformalas en eucaliptais. Iso é terríbel. O uso para produción de eucalipto implica a perda de fertilidade do terreo, a compactación das terras o que impide a reversión nun futuro desas zonas para uso agrario.

Precisamos un novo modelo para a Galiza, un modelo que defenda a biodiversidade dos nosos montes, un modelo de futuro para a nosa terra, un modelo capaz de deixar un futuro para as nosas fillas e fillos no rural galego.

É importante destacar a importancia do monte veciñal e en man común ao tempo de apostar por unha valoración do monte que integre os aspectos ecolóxicos, paisaxísticos, culturais e de identidade, ao mesmo tempo que os económicos e produtivos.

É preciso socializar as alternativas á eucaliptización así como incidir nas esferas precisas para acadar a mudanza das políticas actuais para o monte.

O futuro da Galiza pasa tamén pola defensa da nosa biodevirsidade, a nosa fauna, a nosa flora, e por unha ordenación do territorio racional e sostible que permita deixar aos nosos fillos unha Galiza mellor.”

A MOCIÓN POLA DEFENSA DA BIODIVERSIDADE FRONTE Á EUCALIPTIZACIÓN foi aprobada con 16 votos a favor, (EU, TEGA, BNG, PSOE, ENE), e 4 votos en contra do (PP).

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

IMG-20170615-WA0014

Anuncios
About el comunista (60417 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: