Anuncios

Comunicado apoio loitas obreiras. EU NARÓN

Dende Esquerda Unida Narón queremos enviar o noso apoio e solidaridade de cara a loita nas folgas d@s traballadores/as do sector de elaborados do mar que sendo un sector afectado pola precariedade laboral loitan por unha mellora do seu convenio.

D@s traballadores/as de Alcoa nas plantas de Coruña e Avilés nos que se destrúen 700 postos de traballo, por carecer de estratexias industriais e non ter plans de transición enerxética xusta e adecuada aos sectores produtivos.

E d@s traballadores/as e veciñ@s das Industrias Auxiliares de Navantia na Ría de Ferrol que loitan por acadar a inclusión e blindaxe dos acordos salariais dentro do Convenio Provincial do Metal e que a próxima semana comezan as movilizacións contra a patronal da Asociación de Empresarios do Metal.

Por toda esta situación de ataque aos dignos dereitos da clase obreira facemos un chamamento á participación manifestación convocada polo Comité de Empresa de Alcoa o Sábado 20 na Coruña, que sairá as 11:00h dende a Palloza.

Así mesmo facemos un chamamento á participación en tódalas movilizacións que as IIAA de Navantia convoquen, pois no día de hoxe as Federacións sindicais están levando á asamblea o calendario de movilizacións para acada-las reivindicacións.

André Abeledo indicou que é preciso recuperar a conciencia de clase, porque a clase traballadora organizada é invencible.

ACUDE!!!! PARTICIPA!!!! APOIA AOS COMPAÑEIR@S!!! #SomosClaseObreira

Anuncios
About el comunista (58375 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: