Abeledo invita a nova Cónsul de Cuba Yahima Martínez a Narón e manda una mensaxe de apoio ao pobo cubano e contra o bloqueo a Cuba

Dende EU Narón condenamos o bloqueo criminal de EEUU contra Cuba e exiximos o seu inmediato levantamento.

Unha vez máis a razón de Cuba venceu na ONU, unha vez máis Cuba venceu ao imperialismo, unha vez máis todos os países do mundo agás EEUU e Israel dixeron non ao ilegal bloqueo.

André Abeledo, Voceiro de EU Narón remarcou que o Pleno do noso consistorio xa aprobou dúas mocións presentadas por EU en apoio ao pobo cubano e contra o criminal e ilegal bloqueo que sufre Cuba.

Abeledo transmitiu a nova Cónsul Xeral de Cuba, Yahima Martínez Millán, en Galiza, Asturias e Cantabria, o seu apoio na esixencia do levantamento do brutal bloqueo.

Así mesmo André Abeledo invitou a Cónsul de Cuba en Galiza Yahima Martínez a visitar Narón oficialmente, e continuar co traballo de estreitar os lazos culturais e as relacións económicas entre Cuba e Narón.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

About ELCOMUNISTA.NET (69682 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: