Anuncios

Visita do Delegado do Pobo Saharauí a Narón. EU NARÓN

André Abeledo trasladou a invitación ao Delegado do Pobo Saharauí na Galiza, Mohamed Zerga Hamudi, para que visite Narón dun xeito oficial.

Esta visita foi aprobada por unanimidade no Pleno a raíz dunha Moción de EU Narón, o Delegado do Pobo saharauí será recibido dun xeito oficial, así mesmo intentaranse dar os primeiros pasos para levar adiante o irmanamento do Concello de Narón coa Wilaya de Smara.

Na Moción aprobáronse os seguintes acordos:

1)     O Concello de Narón establecerá un marco de financiación estable estimando unha contía para cada neno e nena que veña a Narón dentro do programa de solidariedade Vacacións en Paz. A financiación debe considerar os gastos de desprazamento en avión que son, normalmente, os que máis problemas ocasionan a SOGAPS, por solicitar a compañía de avión o pagamento por anticipado.

2)      Manter un encontro institucional co novo Delegado Saharauí en Galicia para tratar a situación actual do pobo saharauí e para debater sobre o novo marco de financiamento que se propón desde o Concello de Narón. Dito encontro será aberto a membros de SOGAPS.

3)      Denunciar a sentenza ao Grupo de Gdeim Izik e solicitar ao goberno do Estado que se interese ante o seu homólogo marroquí e reclame a liberación destes 24 presos políticos que o único que fixeron foi defender o dereito de autodeterminación do Sáhara Occidental de forma non violenta, de acordo ao establecido pola Nacións Unidas, a Unión Africana e diversos organismos internacionais.

4)     Solicitar que se manteña, ata que se celebre o Referendum de Autodeterminación, a consideración española dos Saharauís para que non teñan atrancos no seu desexo de asentarse no Estado español, e que, no seu defecto, se lles conceda asilo para evitar a súa deportación. En todo caso, lémbrase a obriga de respectar a lexislación internacional e se un menor solicita asilo non pode ser tratado coma un adulto.

5)     Informar dos puntos tratados e dos acordos ao novo delegado saharauí en Galicia, Saad el Mami, e darase traslado desta moción ao goberno do estado.

Así mesmo Abeledo comprometeuse durante a súa visita aos campamentos tratar de promover un irmanamento entre Narón e a Wilaya de Smara.

Lembremos que o Concelleiro de EU Narón, André Abeledo, levou o compromiso solidario de Narón co pobo saharauí a los campamentos de refugiados de Tinduf, en Argelia, a donde acompañando no seu regreso aos 77 nenos que pasaron este vrao na Galiza no marco do programa “Vacacións en paz”.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

20180911_104739

Anuncios
About el comunista (61598 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: